martes, 24 de mayo de 2022

CONTOS EN PALABRAS II

Unha segunda entrega de CONTOS EN PALABRAS dentro do programa Lectura e Familias, para iso Librín pideulle as vosas mestras que deixaran pistas para averiguar cales son os seus contos preferidos, veremos quen os acerta todos:


Escribide os titulos dos contos no apartado de comentarios. Quen será capaz de escibir todos os titulos?


sábado, 21 de mayo de 2022

CON PALABRAS COÑECEMOS Ó QUE NOS RODEA

 Estamos a coñecer o mundo que nos rodea, o medio natural está cheo de vida. Estamos a investigar sobre os animais e as plantas nesta primavera tan calurosa poñendolle nome en palabras aos que nos rodean..

Por iso e coa colaboración do GALP da Mariña-Ortegal tivemos un obradoiro onde aprendimos moito da vida no mar que temos preto, dos peixes que podemos atopar na peixeria e da importancia de comer peixe para a nosa saúde, incluso que nas nosas merendas podemos traer peixe en conserva. Foi todo un éxito este obradoiro co oceanógrafo David.





Levamos insvestigando todo o curso sobre o bichiños que temos no xardín e na horta e nesta época aparecen moitos que non coñeciamos así investigamos sobre as abellas coa colaboración da asociación Máis que mel 



martes, 17 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS, PALABRAS FERMOSAS

 Festexamos ter unha lingua propia, unha cultura, unha identidade, ... e cada ano recordámolo ao chegar o 17 de maio DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este 2022 a Florencio Delgado Gurriarán.

E nós investigamos un pouquiño coa colaboración do equipo de Dinamización da Lingua Galega:


Sumámonos a unha das propostas do Concello que ten por titulo ORGULLO DE SER, e fixemos unha fermosa festa con traxes, instrumentos e moito baile. Conseguimos bailar a muiñeira gracias a colaboración e a música de Uxía Lambona e a súa banda Molona. 


Pasámolo tan ben que queremos repetir
Librín recomenda a súa música, os seus CDs:




jueves, 12 de mayo de 2022

AS NOSAS PALABRAS

 Estamos a celebrar as LETRAS GALEGAS  adicadas este ano a FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN e o noso equipo de Dinamización da Lingua Galega seleccionou  unha morea de recursos que podedes ver no seguinte enlace:

               http://www.edu.xunta.gal/centros/eeisanroque/taxonomy/term/122

                                              

O noso alumnado preparou uns prismáticos que representan a moriña de Florencio pola súa Galicia Infinda.

Tamén imos sumarnos a proposta do Concello "Orgullo se ser" na celebración da nosa cultura cun día especial onde o alumnado portará algún elemento propio da nosa terra ( vestimenta, instrumentos,..)



martes, 10 de mayo de 2022

PAISAXE EN PALABRAS

Paisaxe en palabras é o titulo do cadro que presentamos na exposición da Microrrede da Mariña. Un cadro dunha paisaxe elixida polo alumnado entre as que fotografaron nas múltiples saídas polo noso entorno natural durante todo o curso, é unha paisaxe de Viveiro onde se pode ver o mar, o pobo e o monte que da nome ao noso cole. Elaborado como un collage  e acuarelas. Despois de sacar fotos das distintas partes do corpo, dos sentidos polos que percibimos esas paisaxes que nos rodean e de pintalas con acuarelas, pasaron a formar parte da obra, como nós mesmos formamos parte do medio no que vivimos. Esas paisaxes definidas con palabras, palabras que puxeron as familias participantes a través de contos e lenda de lugares significativos que conforman as nosas paisaxes e que podedes escoitar na obra a través dos códigos QR que forman o marco da mesma.











jueves, 5 de mayo de 2022

A VOLTA COAS PALABRAS

Durante a vindeira semana, do 9 ao 13 de maio, as bibliotecas  que formamos a MICRORREDE DA MARIÑA realizaremos unha exposición conxunta no Salón de plenos do Concello de Viveiro, onde disfrutar das obras realizadas polas nosas comunidades educativas.  Este ano  presencialmente, tras os dous anos de pandemia en que se fixo de xeito virtual, tratase dunha exposición de cadros que xunta arte e literatura oral, o poder da palabra e da cor. A exposición completarase con actividades dinamizadoras , música, canto, contacontos,...

Tamén contamos coa colaboración do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, grupo de gaitas e grupo de guitarra que actuaran na inaguración e na clausura respectivamente. Asemade tamén contaremos coas palabras do escritor Pablo J. Rañales que presentará o seu libro "Siervos de tinta" durante a xornada inagural.



martes, 3 de mayo de 2022

LECTURAS NA PRAZA

 Lecturas na praza é unha nova actividade colaborativa entre a  nosa biblioteca e a biblioteca do CEP Lois Tobío, na que participaron o alumnado de 6º do noso centro e o de 1º de Primaria, ex alumnos nosos.

Foi unha xornada lúdica, chea de cancións, contos e lendas. O noso alumnado contou as lendas: A cova de Roque, a cova do santo e a do Pozo de Piago.






Foi todo un éxito!!!

LIBROS, COMIC, diversión asegurada.

 No DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR o noso centro encheuse de actividades:  -EXPOSICIÓN DOS COMICS DAS FAMILIAS, os que lian os nosos p...