jueves, 21 de diciembre de 2017

DÍA DE NADAL!

   Hoxe no cole San Roque desfrutamos do último día do trimestre cunha xornada divertida e navideña!
   Aquí vos deixamos unha mostra de todas as actividades que realizamos para que vexades o ben que o pasamos!
  Queremos agradecer especialmente á residencia de maiores GERIATROS pola súa colaboración, dispoñibilidade e bo humor para traernos ao auténtico Apalpador ao cole, que ademais estaba de cumpleanos! nada menos que 92! Cantámoslle o cumpleanos feliz e desexámoslle unha boa noite de Nadal repartindo agasallos e castañas...




O cole estaba repleto de postais navideñas feitas polos nenos e nenas e as súas familias, moitas gracias!!




                                   Fixemos o tradicional "intercambio de postais"



                                  Realizamos obradoiros de adornos de Nadal








Recibimos a visita do Apalpador, a quen lle deixamos as nosas cartas cos agasallos que lle pedimos, e ademais contáronnos o conto de "O apalpador e a castaña máxica".



Merendamos todos xuntos postres típicos destas datas que os nenos e nenas trouxeron das súas casas. Moitas gracias a todas as familias por tan deliciosos doces !


Tamén desfrutamos dun contacontos pola IGUALDADE: "mamá e papá Noel, unha noiteboa diferente"


E para rematar, todos os nenos e nenas levaron orgullosísimos os seus traballos deste trimestre, ademais do calendario que realizamos no marco do proxecto integral de Voz Natura "Espertando ao maio",  no que cada clase elaborou a flor e planta sobre as que están a traballar e a investigar.

Esperemos que desfrutedes moito destas festas cos vosos fillos e fillas, xogando, brincando, correndo, sorrindo, e sobre todo, contanto e lendo moitos contos!

Bo Nadal a todos e todas!!!


martes, 19 de diciembre de 2017

GUÍA DE LECTURA DE NADAL

Xa que o Nadal está aquí, LIBRÍN recórdanos que un conto é un agasallo de semente para o futuro. Por iso, aquí vos deixa unhas recomendacións de lectura para que desfrutedes nestas festas da maxia dos contos en familia. Bo Nadal a todos e todas e próspero aninovo!

lunes, 4 de diciembre de 2017

ESTÁ BEN SER DIFERENTES!

    Para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, o noso cole participou na elaboración do vídeo-conto "Está ben ser diferentes", xunto cos outros vintenove centros educativos de toda Galicia. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Orientación, o Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP de Cervo, e en colaboración coas mestras de pedagoxía terapéutica Mila Castro do CEE María Mariño, e Alba Rodríguez do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé (As Neves).
 
    Así, visionando esta curta, recordamos o xenial e importante que é ser diferentes, axudarnos uns aos outros e comprender e valorar as diferencias dos demais, despertando a empatía no alumnado.
 
    En concreto, o cole San Roque puxo o seu graniño de area neste proxecto a través do conto "Está ben levar gafas", o cal podedes ver a continuación.
 
POR UNHA ESCOLA INCLUSIVA, PORQUE ESTÁ BEN SER DIFERENTE!!!!


PROXECTO EQUALITER

     A continuación mostrámosvos o vídeo das actividades que realizamos diversos centros educativos para alzar a nosa voz en contra da violencia de xénero e a favor da IGUALDADE. Esta foi unha  proposta do CEIP Aquilino Iglesias Avariño, a cal titulamos PROXECTO EQUALITER.
 

 
 
 
 
 
 
 
 

TECENDO INCLUSIÓN

 A nosa pretende ser unha escola plenamente inclusiva polo que unha data como o Día Internacional da Discapacidade é moi especial. Nesta dat...