jueves, 24 de abril de 2025

CONTOS E CANTOS POLO DÍA DO LIBRO

 Polo Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor recibimos a unha super avoa, a primeira muller galega en tocar o baixo, unha mestra que sempre tivo a música como parte fundamental da súa vida.Temos a sorte de que nos acompañe neste día para contarnos e cantarnos, xa que coma gosta, a parte iguais, da música e dos libros, e tamén formou parte do grupo de mestras fundadoras da Microrrede da Mariña.





Co gaio desta celebración o equipo da biblioteca tamén propuxo unha actividade para as familias, o intercambio de recomendacións lectoras.

E coma sempre non poden faltar as recomendación lectoras de Librín

lunes, 7 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO INFANTIL - DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 Como escuela de Educación Infantil Inclusiva abordamos o día 2 de abril como unha das datas máis importantes do ano por ter dúas conmemoracións importantes. 

Polo Día da Concienciación sobre o Autismo este curso traballamos  o significado da palabra autista coa utilización de pictogramas como parte da nosa Escola Visual ( Fundación Orange), para iso empregamos o video da mestra Mª Jesús Fernández, asemade falamos das diferenzas que nos fan mellores a través dos contos da nosa biblioteca.

Polo Día da Libro Infantil tivemos unha contacontos, contacontos musical, Vero Rilo e o seu espectáculo CACHO ANIMALADAS, adaptando e "musicando" contos tan famosos como " A toupiña que quería saber..." ou "O cabalo azul".







PARA UN VERÁN DIVERTIDO, LE CONMIGO