jueves, 2 de noviembre de 2023

ENFEITIZADA E DIVERTIDA

 A festa polo Samaín foi todo un éxito, pasámolo de MEDO. Tivemos xogos, trampas nos  corredores, contacontos, baile e coreografía coas familias e merendas moi, moi especiais. 

Tecendo comunidade, tivemos unha gran acollida por parte das familias a nosa invitación para participar tanto no adorno de cabazas como na elaboración de merendas e na festa do Samaín, e viñeron disfrazados ou con complementos terroríficos. Así disfrazados xogamos e bailamos todos xuntos,que ben o pasamos!!!

GRACIAS FAMILIAS!!!!










lunes, 30 de octubre de 2023

UNHA ESCOLA ENFEITIZADA

 Unha escola enfeitizada e moi divertida, coa colaboración das familias celebramos o Samaín máis fantasmagórico dos últimos anos. Temos unha exposición coas cabazas que trouxeron as nenas e os nenos feitas con moita ilusión e alegría, fixeronas coa axuda das súas familias. Ao seu carón Librín deixou unha selección de contos de pantasmas e de medo para ir lendo nas aulas, nas casas ou na biblioteca, unhas recomendacións lectoras ben interesantes.

         

 


Fixemos obradoiros creativos, xa que o medo non nos da medo, e creamos pantasmas e monstros divertidos.


 

Para rematar invitamos  as familias a vir a nosa festa do Samaín a cantar, bailar e xogar cunha soa condición, é necesario disfrazarse, maquillarse ou aderezarse para asustar un pouquiño.





jueves, 26 de octubre de 2023

TECENDO COMUNIDADES: ANIVERSARIO DE LIBRÍN

 Para celebrar o Día das Bibliotecas e o aniversario da nosa mascota, ese mouchiño lector que dorme de día e le de noite, fixemos unha festa moi molona. Tivemos un contacontos inclusivo, musica, globos e baile en familia. 

Queremos dar as gracias ás familias pola masiva participación neste día. Divertímonos e disfrutamos moito xuntas e xuntos, tecendo comunidade.

Tamén nas aulas fixemos uns mouchos ben feitiños para levar as nosas casas e recordar as normas da nosa biblioteca.









viernes, 20 de octubre de 2023

TECENDO COMUNIDADES

 


Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares e o Aniversario de Librín, a nosa mascota, faremos unha festa rachada con invitación para tódalas familias que forman a nosa comunidade educativa, seguindo:

"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns".

martes, 17 de octubre de 2023

AS NOSAS ESCRITORAS FAVORITAS

 O pasado luns vimos de celebrar e recordar a importancia da mulleres escritoras, tamén na literatura infantil. Para celebrar o DÍA DAS ESCRITORAS quixemos implicar as familias,  para que foran elas a que buscaran entre os libros preferidos das súas fillas e dos seus fillos cales estaban escritos por mulleres. A continuación, na ficha que mandamos co silueta dunha escritora, debían escribir o seu nome, o  título do conto escrito por elas e un debuxo dalgunha personaxe de ese libro.    

 E apareceron unha morea de escritoras!, así que, con tódolos traballos feitos en familia, fixemos un mural moi xeitoso que ademáis sirve de recomendacións lectoras para toda a nosa comunidade educativa.

Dende aquí, o equipo da biblioteca, queremos dar as gracias ás familias pola súa masiva participación.





martes, 3 de octubre de 2023

ABERTO POR DIVERSIÓN

 Baixo este título desenvolverade o noso PDI deste curso nunha BIBLIOTECA EN VIÑETAS, tal e como propoñen dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Tentaremos de que a nosa biblioteca abra as portas a diversión, ao xogo, a exploración, ao amor aos libros e a lectura, a todo un mundo de creatividade e posibilidades para toda a Comunidade Educativa.

Así dispoñédevos a visitala e pasalo moi pero que moi requeteben!



E como non podia de ser doutro xeito tamén daremos os primeiros pasos para coñecer algo do mundo do comic.

sábado, 17 de junio de 2023

HISTORIAS DE LECER CHEAS DE LIBROS

 Rematamos o curso con esperanza e ledicia de seguir,  nun proceso de mellora continua.

Nese proceso estamos moi ilusionados por ter conseguirdo un dos cinco  SELO DE BIBLIOTECA SOLIDARIA  otorgados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de entre todos os presentados, grazas a participación de toda a comunidade educativa nas actividades e propostas este curso.

Aproveitamos para desexarvos unhas moi boas vacacións e unhas recomendación lectoras para un verán onde NON PODEN FALTAR OS LIBROS

PARA UN VERÁN DIVERTIDO, LE CONMIGO