Este curso as bibliotecas escolares saen a escena, así a nosa biblioteca de Librín abre o "telón" a diversión.
Benvidos ao novo curso 2024-2025 cheo de puro teatro e pura diversión na EEI San Roque, estades todos invitados.
"A lingua escrita non atopou aínda ningún camiño máis atractivo, máxico e cheo de cor como os libros de contos", Gianni Rodari
Este curso as bibliotecas escolares saen a escena, así a nosa biblioteca de Librín abre o "telón" a diversión.
Benvidos ao novo curso 2024-2025 cheo de puro teatro e pura diversión na EEI San Roque, estades todos invitados.
Remata o curso, un curso cheo de diversión e de propostas moi interesantes para todos. Un curso cheo de libros de historias de conto e de contacontos. E como non podia ser doutro xeito remataremos cunha contacontos moi especial, Celia Díaz Nuñez ,e a súa fermsa historia VELAÍ VAI O PAPAVENTOS.
Librín, como cada curso, deixavos unhas recomendacións para un verán diferente.
Moitas actividades no mes das Letras Galegas e dos maios. Nun mes onde a primavera está no seu máximo esplendor nós celebramos, con bo ou con mal tempo, unha escola aberta por diversión.
Celebramos as letras galegas cun motón de actividades, con música tradicional galega coa asociación floklórica Os do Vinteún, coas marabillosas voces do coro CEP Lois Tobío e cun obradoiro de chapas.
Celebramos os MAIOS DA MARIÑA elaborando un mural ao xeito da pintora EVA ARMISÉN inspirandonos no seu cadro ALEGRÍA. E participamos na festa celebrada na praza maior xunto cos centros veciños en colaboración co Concello.
Polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS fixemos unha morea de actividades que se extederán nas vindeiras semanas cunha xornada especial de libros e música tradicional galega e coa celebración dos Maios da Mariña xunto cos centros veciños.
Nas aulas actividades co libro sobre LUISA VILLALTA dos Bolechas, a canción da banda Loba e as propostas
Un curso máis a nosa escola participou nos traballos colaborativos xunto cos 20 centro que formamos a Microrrede da Mariña, este curso elaboramos a portada creando as personaxes principais dun comic colaborativo que foi rulando por cada centro. Para a exposición conxunta celebrada en Viveiro do 7 ao 10 de maio elaboramos a portería da Rúa da Microrrede, un pequeno homenaxe a Ibañez das bibliotecas Plambe desta zona.
No seguinte enlace podedes ver a tira do comic
https://www.calameo.com/read/0062825468ce687850e7d?view=slide&page=1
A exposición no blog da Microrrede
https://microrredeamarina.blogspot.com/2024/05/as-bibliotecas-homenaxean-francisco.html
https://microrredeamarina.blogspot.com/2024/05/inauguracion-da-exposicion-13-rue-da.html
No DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR o noso centro encheuse de actividades:
-EXPOSICIÓN DOS COMICS DAS FAMILIAS, os que lian os nosos pais e as nosas nais.
-EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS DE COMIC, elaborados en familia.
-CONTACONTOS, a cargo da compañeira Fátima con A CASIÑA DE CHOCOLATE.
Asemade deixamos unhas recomendacións lectoras para todas e todos.
O día 2 de abril celebramos é unha das datas máis marabillosas do curso, e aquí está a nosa biblioteca PRETO DE TI para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL cun conto representado polas mestras, un conto que nos fala da aceptación dun mesmo, da importancia de ser nós mesmos e de aceptar aos demáis coas súas singularidades e particularidades.
Asemade esta é tamén unha data especial é o DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO, este ano co lema AUTISMO PRETO DE TI xa que todos algunha persoa con autismo cerca de nós. Por iso utilizamos o símbolo infinito facendo unha actividade internivelar na que os maiores axudaros aos pequenos a facer estes símbolos para realizar con eles un mural de visibilización e concienciación. Durante toda a semana iremos rematando este mural e visionando curtas que nos axudarán a comprender a esas compañeiras e compañeiros autistas.