domingo, 23 de abril de 2023

TODOS OS DÍAS SON LIBROS DE ABRIL

 Este mes tras a inaguración da nosa nova biblioteca espallada celebramos unha morea de actividades para celebrar o mes dos libros.

Tivemos venres de monicreques, obradoiros do programa "Lectura e Familias", días de xogo coas moitas novidades da nova zona de "Aprendo xogando", tamén cos libros-xogo", encontros coas familias dentro da actividade "Escoitamos como.." e un sin fin de actividades polo DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR.

Pero tomando as palabras de Montse Pena Presas no texto agasallo para as bibliotecas escolares de Galicia:

             "Para nosoutras, silandeiras e navegantas, todos os días son o día do libro."

  

Venres de monicreques, co alumnado como executores principais


Unha contacontos moi especial polo Día do Libro, unha das compañeiras que xa non están no centro. FÍxonos moita ilusión que nos acompañara!!



 

sábado, 15 de abril de 2023

EN ABRIL LIBROS MIL, AO PRINCIPIO NO MEDIO E AO FIN

 O Día do Libro Infantil celebrase o 2 de abril, non é moitas das veces un día lectivo, para nos é un día moi especial e festexámolo durante todo o mes, xa que todo o mes  é o mes dos libros. Por iso disfrutaremos de moitas lecturas e actividades especiáis.

Unha delas foi unha actuación de monicreques, por fin na nova biblioteca, representando o conto preferido de todas e todos nós :

                                        COCORICO


E para rematar merendamos un rico biscoito que nos trouxeron de parte da mamá de Cocorico, aínda que esta vez axudaronlle a facelo tanto o poliño como o gato pelado, que se fixo bo ao comer ese biscoito tan rico.




martes, 28 de marzo de 2023

INCLÚE-T

 O mes de marzo estivo cargado de celebracións e de poesía, nesta última semana tivemos dúas actividades moi emocionantes:

- o encontro cun poeta amigo, Xoán Neira, que nos presentou o seu último libro co que estamos a traballar nas aulas "CALENDARIO POÉTICO".

-a celebración do DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN, este ano co lema "NON SOMOS UN ESTEREOTIPO, SOMOS MOITO MÁIS", coa colaboración da Asociación Down Lugo que nos trouxo un espectáculo de monicreques con sombras chinesas,"ELMER" . E moitas outras actividades  coas que axudar na sensibilización e visibilización de todas as persoas con este síndrome e do noso amigo e compañeiro Alex.



              https://www.instagram.com/p/CqWTiM3t9PF/?igshid=MDJmNzVkMjY=





miércoles, 22 de marzo de 2023

POESÍA OLLANDO A RÍA

 Este mes enchese de poesía  a nosa nova biblioteca, pero tamén transpasa as paredes da escola, dentro e fora unha poesía para cada día. Por iso decidimos aprender, ler, escribir e ilustrar poesía, coa colaboración das familias, para compartir cos nosos amigos e compañeiros do CEP Lois Tobío na actividade LECTURAS NA PRAZA. Un curso máis reunímonos na praza enchendo de poesía de Manuel María o espazo público. Poesía inclusiva usando pictogramas, poesía creativa usando o kamishibai.


DO LIBRO "OS SOÑOS NA GAIOLA"¨:

O MEU BARCO por 5º A


O MEU BURRIÑO


viernes, 17 de marzo de 2023

MOITO QUE CONTAR NA AVENTURA DE OIR

 O luns 20 de marzo celébrase o DÍA MUNDIAL DA  NARRACIÓN ORAL, recordando as historias que pasan de boca a orella e de orella a boca mantendo viva a memoria individual e colectiva da Humanidade, movéndonos a reflexionar sobre as cousas importantes da vida. Por iso neste día queremos recordar a toda as nosas familias a importancia de contar, de contarlle historias de viva voz as nosas nenas e nenos, esas historias que nos contaron as nosas avoas, avós,... os maiores da nosa comunidade.

Contemos historias na casa, na escola, cada semana, cada día para manter viva esa memoria colectiva de contos, retahilas, refráns, lendas,..historias cantadas e contadas con amor e tenrura.

Nós dende a escola seguiremos contando en voz alta sen conto, sen libro, na actividade semanal que leva por titulo MOITO QUE CONTAR NA AVENTURA DE OIR.



jueves, 9 de marzo de 2023

IGUAIS NA MAXIA

O traballo en prol da educación en IGUALDADE forma parte das actividades diarias de todo o curso pero ben é certo que polo 8 de marzo DÍA INTERNACIONAL DA  MULLER sempre realizamos actividades pola inclusión e a igualdade de xénero, así este curso decidimos facelo cun espectáculo de maxia, cos magos Elisa e Ian baixo o titulo IGUAIS NA MAXIA.

Foi unha xornada moi especial non só para o alumnado se non tamén para  as familias que quixeron acompañarnos, xa que o espectáculo tiña unha parte para o alumnado e outra para os adultos. Tamén queremos darlle as gracias ao Concello por ceder un local onde podere estar todas e todos.

https://www.instagram.com/p/CpiwFDPLHwI/?igshid=YmMyMTA2M2Y= 






PARA UN VERÁN DIVERTIDO, LE CONMIGO