martes, 16 de diciembre de 2025

CANDO É NADAL


 Este Nadal celebramos compartir e agasallar amor e solidaridade, por iso realizamos obradoiros de adornos e un calendario ben fermoso para donar ao Mercado Solidario que organiza a Residencia Domus Vi cada ano, tamén participamos coas nosas aportacións na visita a ese mercado.

A nosa escola encheuse de adornos especiais, un Calendario Literario de Advento co que nos agasallou a ANPA, unha árbore de Nadal feita con libros, Papá Noel a fuga e un recuncho para facer unha foto de recordo do Nadal 2025.
               
         
                         



Librín desexavos un BO NADAL e un VENTUREIRO ANO NOVO e deixavos  recomendacións lectoras para estas vacacións, os libros do  calendario de advento , para que o noso alumnado volva a escoitar esas fermosas historia unha e outra vez.




viernes, 24 de octubre de 2025

ALGUÉN QUERE ENGANARNOS

 

A desinformación é unha das lacra da sociedade actual por iso dende as bibliotecas e dende os centros educativos debemos formar ciudadanos do futuro con suficientes ferramentas para ser críticos e cuestionar a propaganda cada vez máis feroz e mentireira. Nós a tavés dos contos tentamos aportar o noso gran de area polo ben das nenas e dos nenos e do seu futuro.

Polo Día das Biblotecas Librín preparou unha escolma de contos para contar nas aulas, un antiface de Librín e unha representación con monicreques na biblioteca. Unha representación que fala de como, as veces , tentan enganarnos con información falsa,  e os que nos parecian moi bós non o son tanto, unha historia feita polo equipo da biblioteca, baixo o título " Unha noite  de terror no bosque tenebroso".







martes, 14 de octubre de 2025

PREPARADAS PARA SER, quen sabe , ESCRITORAS

 Neste meses a biblioteca está chea de movemento e vida, comezamos coa celebración do DÍA DAS ESCRITORAS, recordando que as mulleres  escritoras  da década dos 70, e nós estamos poñendo a semente para que algunhas das nosas alumnas, quen sabe, serán escritoras tamén.


Para esta celebración tivemos a sorte de recibir a visita dunha compañeira e amiga escritora, María Rolle, que nos veu a presentar o seu libro "Esta non é outra historia de piratas", veu coa a súa amiga Ánxela coa que nos contou este conto musicalizado.







Tamén nos agasallaron cun marcapáxinas ben bonitiño e coa canción que compuxeron para este fermoso conto de piratas fantasmos.




lunes, 13 de octubre de 2025

A BIBLIOTECA DE LIBRÍN EN MARCHA

 Este curso abrimos para xogar, no significado máis amplo deste término, polo que a nosa biblioteca de Librín vai encherse de xogo, de xogos en igualdade para divertirnos, para aprender, para investigar, para convivir, para comprender e incluír a diversidade, para deseñar...

Neste o  mes das bibliotecas comezamos a nosa andaina, saíran as mochilas viaxeiras, as caixas sorpresa, os prestamos...pero tamén moitas sorpresas sorpresudas.

A nosa primeira sorpresa foi a resolución do PLAMBE, para este curso, coa dotación de máis fondos, o que nos permitirá seguir mellorando o lugar máis prezado do cole. 

O noso PDI deste curso xira en torno o xogo de xogar a descubrir e deseñar baixo o título "Deixando pegadas para o futuro"

A primeira actividade divertida para o noso alumnado foi o contacontos "PEIXE FRESCO DO DÍA"  con Mircromina Titeres, financiado polo GALP A Mariña-Ortegal, unha historia que nos anima a comerlo peixe frequiño e coidar do mar non contaminando para  seguir tendo peixe fresco a hora do xantar.




lunes, 19 de mayo de 2025

SE CANTO É PORQUE QUERO

 Para celebrar o Día das Letras Galegas adicado este ano as CANTAREIRAS e ao seu labor de memoria viva, para non esquecer todas esas cantigas populares que nos definen como pobo cunha lingua   e unha idiosincansia propia moi diferente a outros pobo da península. Esta festa resulta máis necesaria que nunca xa que parece que o nos idioma está a esmorecer e, como decía o poeta Manuel María, se perdémola fala non seremos ninguén.



Por todo iso na escola festexamos aprendendo cantigas e cantando, bailando e celebrando xunto con a agrupación folklórica os do 21, que tamén nos deixaron tocar os instrumentos musicais propios das nosa foliadas. Asemade traballamos  as propostas achegadas polo equipo de Dinamización da Lingua Galega, vimos as partes do traxe tradicional galego e fixemos a nosa bandeira con moito agarimo.






CANDO É NADAL

 Este Nadal celebramos compartir e agasallar amor e solidaridade, por iso realizamos obradoiros de adornos e un calendario ben fermoso para ...