A desinformación é unha das lacra da sociedade actual por iso dende as bibliotecas e dende os centros educativos debemos formar ciudadanos do futuro con suficientes ferramentas para ser críticos e cuestionar a propaganda cada vez máis feroz e mentireira. Nós a tavés dos contos tentamos aportar o noso gran de area polo ben das nenas e dos nenos e do seu futuro.
Polo Día das Biblotecas Librín preparou unha escolma de contos para contar nas aulas, un antiface de Librín e unha representación con monicreques na biblioteca. Unha representación que fala de como, as veces , tentan enganarnos con información falsa, e os que nos parecian moi bós non o son tanto, unha historia feita polo equipo da biblioteca, baixo o título " Unha noite de terror no bosque tenebroso".





No hay comentarios:
Publicar un comentario