lunes, 27 de mayo de 2019

Colaboracións con ASPANANE

Todas as nenas e nenos do San Roque participaron nas votacións para elexir o debuxo da nosa mascota Librín. Temos seis finalistas, un por aula, agora a que resulte gañadora levaremoslla aos alumnos/as do obradoiro de cerámica de ASPANANE que lle dará una dimensión nova.








domingo, 26 de mayo de 2019

OS MAIOS DE VIVEIRO

Recuperando tradicións e en colaboración con centros vecinos, co Concello e coa Asociación de Comerciantes do Casco Histórico celebramos os "maios de Viveiro" percorrendo as rúas e cantando a cántiga propia desta celebración. Tamén nos acompañaron os vecinos da Asociación de Campo de Urraca que menteñen viva esta tradición dende hai moitos anos, os que lles damos as gracias pola sua xenerosidade.

lunes, 20 de mayo de 2019

ANTÓN FRAGUAS E VIVEIRO

Polo día das LETRAS GALEGAS recordamos o homenaxeado este ano 2019, Antón Fraguas, gran coñecedor na nosa terra e das nosas tradicións. E que mellor que facelo con un contacontos e un obradoiro gracias a colaboración do Concello de Viveiro,  Eureka actividades e Asociación Pratodo.
Representaron una historia ben fermosa e pouco coñecida na nosa vila que recolle Antón Fraguas no seu libro "Romarías e  Santuarios", que conta a historia dun veciño de Viveiro moi festeiro , o barbeiro Marruán,  que despois de visitar as festas de Betanzos decideu facer él un globo na nosa cidade.




As nenas e nenos disfrutaron moito da historia ben contada e dos obradoiros.









lunes, 13 de mayo de 2019

A PALABRA PINTADA, A PINTURA ESCRITA

Gracias a Asociación "Tá en Artes" realizamos actividades e intercambios  entre artistas e colexios.  Nas últimas semanas vimos de participar nas visitas ao CENIMA, a exposición colectiva "A palabra pintada, a pintura escrita" de autoras e autores da Mariña , coa estimable colaboración do Concello de Viveiro.
Foi una visita  contada con moito tino que as nenas e nenos disfrutaron moito.




ESCOITAMOS COMO LES

          As familias colaboran entre elas e seguen visitando a nosa biblioteca para contar e disfrutar cos aplausos e sorrisos das nenas e nenos.
OS SETE CABUXIÑOS





A VACA QUE PUXO UN OVO







sábado, 11 de mayo de 2019

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Cando "O niño de Librín" sae o patio nos días de bo tempo as nenas e nenos disfrutan dos libros. Este tamén é un momento axeitado para os "Apadriñamentos lectores" onde os maiores acompañan os máis pequenos contando historias, lendo contos.

viernes, 3 de mayo de 2019

OUTRAS LINGUAS, OUTRAS LINGUAXES


O programa  "Escoitamos como les" este curso tivo un gran éxito e moitas foron as familias que nos acompañaron e contaron para as nenas e nenos. Non só houbo moita variedade de contos senon tamén tiveron en conta a diversidade de alumnado os que se dirixian.
Durante o mes dos libros contaron contos noutras linguas e noutras linguaxes:

















SAMAÍN, MEDO AS ARAÑAS

 Vimos de celebrar o Samaín cunha morea de actividades que teñe como telón de fondo unha das máis importantes emocións que sentimos O MEDO. ...