martes, 16 de febrero de 2021

NO CAMIÑO DAS EMOCIÓNS: O AMOR

Dentro do  proxecto EDUEMOCIONA tentamos de axudar as nenas e aos nenos no camiño da identificación das emocións propias e alleas, en colaboración co proxecto da Fundación Meniños.  E polo que durante este mes recordamos unha das mellores emocións que temos os seres humanos :
O AMOR. No momento actual resulta máis importante que nunca ser capaz de identificar e exteriorizar o que sentimos para poder empatizar co que sinten os demais.
 Na biblioteca atopamos unha morea de contos non só de amor romántico, nos  tradicionais,  se non tamén  do amor por un mesmo, base do amor cara aos demais, ou de todo tipo de amor.

 Asemade  LIBRÍN tamén que compartir un marabilloso conto que nos fixo chegar unha alumna, MARIÑA, que espera que vos guste moito. 
Todos os que queirades mandarnos un conto, gravado do mesmo xeito , estaremos encantados de publicalo para compartir con toda a comunidade educativa.



Como o amor as tradicións tamén resulta fundamental na formación da identidade  persoal e social compartimos vídeos sobre os personaxes do ENTROIDO tradicional galego e sobre O ENTERRO DA SARDIÑA NA EEI SAN ROQUE



                                                                             


No hay comentarios:

Publicar un comentario

CÓMIC, ISO QUE É?

 Ler cómic dende a biblioteca de Librín ofrece moitas posibilidades, ler imaxes é unha constante en Infantil, por iso este día resulta espec...