domingo, 25 de abril de 2021

RE-CREAndo as nosas propias xeografías

 Estes mes estivo cheo de libros, contos, lendas e historias que Librín deixou en todas as aulas e nas casas do alumnado que ó solicitou. 

Pero tamén para recrear as nosas historias, desde a nosa biblioteca creativa, tivemos obradoiros de monicreques, onde elaboramos titeres con materiais diversos.  Nalgús grupos dentro PDI buscaron entre os contos acordes ao mesmo e crearon as persoaxes para reinterpretar a historia coas suas palabras, outros buscaron unha canción para animar o conto, outros inventaron as súas propias historias, todas e todos disfrutarmos moito.



 










      
 










O pasado venres para celebrar o Dia Mundial do Libro e do Dereito de autor tivemos un encontro coa escritora Estefanía Padullés, que nos contou a historia "A MANCHAS OU A RAIAS?", e conversou con nós sobre os animais, as mascotas e a diversidade. Prometimos enviarlle os noso debuxos


O Concello de Viveiro tamén nos agasallou cun fermoso libro para a nosa biblioteca, cheo de historias e lendas da nosa comarca.

E como di o autor: "Este libro pretende ser a aeronave imaxinaria que permita dar cumprimento ó soño de sobrevoar a Mariña"

sábado, 17 de abril de 2021

AS NOSAS XEOGRAFÍAS LECTORAS SACAN AS EMOCIÓNS AO CAMIÑO

 Pensamos que as emocións son moi importantes no proceso de aprendizaxe e  máis no momento de incertidume que estamos a vivir, polo que este curso están a ser unha viaxe fundamental no día a día a través do PDI   e do EDUEMOCIONA . Como ben decia Joan Ferrés nos Encontros de Bibliotecas Escolares celebrados estes días: " si non hai emoción non podemos tomar decisións axeitadas, nin eficaces, nin éticas". So pois peza fundamental da nosa saúde  emocional e física para aprender e establecer relacións axeitadas.

É importante entender o noso cerebro emocional, axudarlle as nosas nenas e nenos a recoñecer as emocións e aprender a xestionalas. Tamén desde a familia resulta fundamental continuar co que estamos a facer na escola, polo que neste mes dos libros realizamos éste interactivo a partir do creado para a mesa de luz,  coa historia "O MONSTRO DE CORES" de Anna LLenas e dos emoticonos coñecidos por todos. Desde as aulas e desde as casas podemos facer algo moi sinxelo, ir vendo pouco a pouco cada unha das páxinas e conversar, coas nosas nenas e cos nosos nenos, sobre ó que sinten, identificando e poñendo nome aos  sentimentos, pero tamén falar sobre ó que sentimos os adultos. 

                                                            😍😡😔😪😲😊
(Pinca AQUÍ para abrir o libro interactivo, entrade coa vosa conta de gmail, cando pida código escribide M5D2CV5)


 
Por último  unha proposta lúdico-afectiva

A CAIXA DAS SOLUCIÓNS

Necesitamos:
-unha caixa bonita, mesmo dos seus zapatos,  que  poden decorar ao seu gusto.

Actividade:
-meter dentro obxectos , imaxes ou tarxetas con palabras que eles din que os fan sentir ben.
-gardala nun lugar especial.

ESTA CAIXA DAS SOLUCIÓNS SERVIRÁ DE ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL CANDO
 NON TEÑEN UN BO DÍA PODEN ABRILA E VER QUE COUSAS NOS FAN SENTIR BEN.

EMOCIÓNS = habilidades necesarias que nos axudan a coñecer que pensamentos e comportamentos provocan os nosos estados de ánimo e nos capacitan para resolver conflictos no día a día.

Librín tamén vos invita a  xogar:

domingo, 11 de abril de 2021

CITA A CEGAS NO MES DOS LIBROS

 Librín deixa unha nova CITA A CEGAS esta vez non se trata de adiviñar ou poñerlle un novo título, nin de inventar un final diferente a un conto. Esta vez consiste en mirar ben cada unha das imáxenes e tentar de adiviñar de que conto se trata, en algunha imaxe é moi fácil de recoñecer de que conto se trata e outras un pouco máis difícil.

 Ánimo, veremos que é capaz de recoñer todos os contos!.


Librín espera os vosos comentarios e está moi contento polo moito que participades de todas as propostas. Tamén deixa unha recomendación de contos para este mes:





SAMAÍN, MEDO AS ARAÑAS

 Vimos de celebrar o Samaín cunha morea de actividades que teñe como telón de fondo unha das máis importantes emocións que sentimos O MEDO. ...