domingo, 25 de abril de 2021

RE-CREAndo as nosas propias xeografías

 Estes mes estivo cheo de libros, contos, lendas e historias que Librín deixou en todas as aulas e nas casas do alumnado que ó solicitou. 

Pero tamén para recrear as nosas historias, desde a nosa biblioteca creativa, tivemos obradoiros de monicreques, onde elaboramos titeres con materiais diversos.  Nalgús grupos dentro PDI buscaron entre os contos acordes ao mesmo e crearon as persoaxes para reinterpretar a historia coas suas palabras, outros buscaron unha canción para animar o conto, outros inventaron as súas propias historias, todas e todos disfrutarmos moito.



 










      
 










O pasado venres para celebrar o Dia Mundial do Libro e do Dereito de autor tivemos un encontro coa escritora Estefanía Padullés, que nos contou a historia "A MANCHAS OU A RAIAS?", e conversou con nós sobre os animais, as mascotas e a diversidade. Prometimos enviarlle os noso debuxos


O Concello de Viveiro tamén nos agasallou cun fermoso libro para a nosa biblioteca, cheo de historias e lendas da nosa comarca.

E como di o autor: "Este libro pretende ser a aeronave imaxinaria que permita dar cumprimento ó soño de sobrevoar a Mariña"

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PRETO DE TI

 O día 2 de abril celebramos  é unha das datas máis marabillosas do curso, e aquí está a nosa biblioteca PRETO DE TI para conmemorar o DÍA I...