lunes, 13 de octubre de 2025

A BIBLIOTECA DE LIBRÍN EN MARCHA

 Este curso abrimos para xogar, no significado máis amplo deste término, polo que a nosa biblioteca de Librín vai encherse de xogo, de xogos en igualdade para divertirnos, para aprender, para investigar, para convivir, para comprender e incluír a diversidade, para deseñar...

Neste o  mes das bibliotecas comezamos a nosa andaina, saíran as mochilas viaxeiras, as caixas sorpresa, os prestamos...pero tamén moitas sorpresas sorpresudas.

A nosa primeira sorpresa foi a resolución do PLAMBE, para este curso, coa dotación de máis fondos, o que nos permitirá seguir mellorando o lugar máis prezado do cole. 

O noso PDI deste curso xira en torno o xogo de xogar a descubrir e deseñar baixo o título "Deixando pegadas para o futuro"

A primeira actividade divertida para o noso alumnado foi o contacontos "PEIXE FRESCO DO DÍA"  con Mircromina Titeres, financiado polo GALP A Mariña-Ortegal, unha historia que nos anima a comerlo peixe frequiño e coidar do mar non contaminando para  seguir tendo peixe fresco a hora do xantar.




A BIBLIOTECA DE LIBRÍN EN MARCHA

 Este curso abrimos para xogar, no significado máis amplo deste término, polo que a nosa biblioteca de Librín vai encherse de xogo, de xogos...