lunes, 27 de abril de 2026

ABRIL, ABRIL LECTURAS MIL

 Abril é o mes dos libros na biblioteca de Librín, aínda que os contos e os libros da nosa biblioteca viven todo o curso como no mes de abril. Pero este non deixa de ser un mes moi, moi especial e polo que comenzamos celebrando o Día do Libro Infantil cun contacontos en inglés, cos feos dos contos que tamén son divertidos, así as mestras Mariana e Tania contaron a historia do GRÚFALO.



Tamén tivemos un obradoiro de animación a lectura " A casa da Letras" con Electra de Pedras de Papel
Polo día do Libro e dos Dereitos de autor tivemos un contacontos moi, moi especial cos usuarios do Centro de Día Alzhéimer da Cruz Vermella, que nos contaron dous contos moi fermosos
E para celebrar un día tan especial e recordar que a lectura dos contos tamén é escoita activa e desenvolvemento do noso maxín fixemos a lectura da proposta chegada dende a Asesoría, unha lectura que levou consigo un debuxo colectivo dentro do traballo do programa PLANEA.
    


Na entrada ao escola Librín , deixounos como sempre, novidades lectoras ben interesantes

ABRIL, ABRIL LECTURAS MIL

 Abril é o mes dos libros na biblioteca de Librín, aínda que os contos e os libros da nosa biblioteca viven todo o curso como no mes de abri...