Mostrando entradas con la etiqueta MES DOS LIBROS 26. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MES DOS LIBROS 26. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de abril de 2026

ABRIL, ABRIL LECTURAS MIL

 Abril é o mes dos libros na biblioteca de Librín, aínda que os contos e os libros da nosa biblioteca viven todo o curso como no mes de abril. Pero este non deixa de ser un mes moi, moi especial e polo que comenzamos celebrando o Día do Libro Infantil cun contacontos en inglés, cos feos dos contos que tamén son divertidos, así as mestras Mariana e Tania contaron a historia do GRÚFALO.



Tamén tivemos un obradoiro de animación a lectura " A casa da Letras" con Electra de Pedras de Papel
Polo día do Libro e dos Dereitos de autor tivemos un contacontos moi, moi especial cos usuarios do Centro de Día Alzhéimer da Cruz Vermella, que nos contaron dous contos moi fermosos
E para celebrar un día tan especial e recordar que a lectura dos contos tamén é escoita activa e desenvolvemento do noso maxín fixemos a lectura da proposta chegada dende a Asesoría, unha lectura que levou consigo un debuxo colectivo dentro do traballo do programa PLANEA.
    


Na entrada ao escola Librín , deixounos como sempre, novidades lectoras ben interesantes

OUTUBRO, ESCRITORAS AMIGAS

 Comezamos un mes importante para a biblioteca de Librín, a bilioteca enchese de familias e de movemento, saen as mochilas viaxeiras e comez...