A nosa biblioteca este trimestre estivo fisicamente en proceso de cambio, estamos re-escribindo a biblioteca de Librín, en poucos meses será unha marabillosa biblioteca espallada 3.0. Non por iso deixou de estar operativa e ser o centro das actividades e propostas do cole, tamén no Nadal. Por iso durante este mes de Nadal quixemos achegar as familias información a través de:
-campañas divulgativas para as familias en colaboración coa Escola Galega de Consumo: PIDO,PIDO CON SENTIDO e SEGURIDADE NOS XOGUETES.
-campañas de promoción do libro e a lectura: ALGO QUE AGASALLAR, UN CONTO NUNCA ESTÁ MAL.
-campaña solidaria de recollida de xoguetes en colaboración coa Asociación Martelos Costa Norte.
-recomendacións de xoguetes didácticos e recomendacións lectoras ( tamén a través da nosa páxina web e do noso instagram).
- agasallos para donar o mercadillo solidario de Nadal da residencia Domus Vi, que tamén visitamos.
-visita a oficina de correos para mandar as cartas coas nosas peticións ao apalpador.
-escribimos tarxetas para colocar na nosa especial Árbore dos Desexos de Nadal.
-recibiremos a visita do coro do Lois Tobio e tamén do Apalpador en colaboración con Domus Vi.
-o alumnado de 5º agasallounos cun contacontos moi especial ( feito con luz negra): CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS.