Estes mouchiños levaban unhas bonitas poesías inventadas entre todas e todos.
"A lingua escrita non atopou aínda ningún camiño máis atractivo, máxico e cheo de cor como os libros de contos", Gianni Rodari
jueves, 25 de octubre de 2018
POLO DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Onte, día 24 de outubro, celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, polo que recibimos unha invitación do aniversario da nosa mascota para escoitar contos na biblioteca e asemade levamos as casas un "colgaportas" para contarlles as nosas familias a historia do noso moucho Librín que vive na biblioteca e que nos agasalla a diario con fermosos contos e historias..
lunes, 8 de octubre de 2018
NOVO CURSO, NOVAS ILUSIÓNS
Comezamos un novo curso con moitas ilusións, a Consellería dotounos de máis presuposto para a nosa biblioteca, temos materiais novos e moitas ganas de que as familias disfrutedes da nosa biblioteca de Librín.
Recordavos que os impresos de solicitude das MOCHILAS VIAXEIRAS e da actividade ESCOITAMOS COMO LES podedes descargalos dende a nosa web e/ou solicitalos no centro.
Recordavos que os impresos de solicitude das MOCHILAS VIAXEIRAS e da actividade ESCOITAMOS COMO LES podedes descargalos dende a nosa web e/ou solicitalos no centro.
Estas son as novas bolsas, que a Asesoria de Bibliotecas Escolares acaba de mandarnos, para poñer en marcha"Contos que van e veñen", que os encargados de cada aula levan a casa diariamente co seu libro preferido.
viernes, 15 de junio de 2018
UN PREMIO DE LIBROS!
Queridas familias!
Esta semana os nosos nen@s de cinco anos acudiron ao Concello de Viveiro a recoller un agasallo moi especial.
O noso blog de Voz Natura resultou finalista, polo que fumos premiados cun lote de libros e contos preciosos dos que disfrutaremos moitísimo na nosa biblioteca de LIBRÍN.
Moitas gracias ao Concello de Viveiro!
martes, 22 de mayo de 2018
LETRAS GALEGAS 2018
Ola a tod@s!
O 16 de maio celebramos no cole o Día das Letras Galegas, este ano adicado á escritora María Victoria Moreno, como xa sabedes.
Recibimos tamén a visita do gaiteiro David Bellas, un gran músico que nos falou dun dos instrumentos da nosa cultura, a gaita, e nos amosou diferentes tipos da mesma. Moitas gracias David pola túa visita, foi todo un regalo para celebrar este día!
Ademais, os nenos e nenas do cole elaboraron debuxos dos distintos poemas do libro "E haberá tirón de orellas?", en homenaxe á escritora.
Quedaron moi fermosos!!!



lunes, 14 de mayo de 2018
OS RECUNCHOS DA NOSA BIBLIOTECA
viernes, 11 de mayo de 2018
ACTO DE CLAUSURA
Onte rematou a gran semana da Microrrede da Mariña cun acto de clausura para o recordo:
Tras o discurso de clausura, os coros dos distintos coles deleitáronos coa súa interpretación de "Maio, maio" e "A saia
da Carolina"
Desfrutamos da actuación das Moreninhas
Escoitamos á escritora Rita Morrigan, a cal está destacando no panorama nacional con novelas románticas e personaxes femininos avanzados para a súa época.
Tras o discurso de clausura, os coros dos distintos coles deleitáronos coa súa interpretación de "Maio, maio" e "A saia
da Carolina"
Desfrutamos da actuación das Moreninhas
Agradecemos a todos e todas os que nos acompañastes nesta semana, a tod@s os mestres e mestras o seu esforzo compartido, ás familias pola súa colaboración, e sobre todo, ás nenas e nenos pola súa ilusión!
miércoles, 9 de mayo de 2018
ACTO INAUGURAL
O pasado luns celebrouse a inauguración da exposición da Microrrede de bibliotecas escolares da Mariña, da cal formamos parte, e que, como xa sabedes, este ano leva por título "A Mariña pensando en feminino".
Alí expuxemos todos os traballos feitos en colaboración coas familias, e desfrutamos da actuación do coro de nenas e nenos, así como da cantante Guadi Galego, con performance de LAR.
Foi unha tarde moi divertida!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
GUÍAS DE LECTURA PARA OLLAR E PALPAR
Librín desexa un bo verán a toda a nosa comunidade educativa e a todas e todos os seguidores deste blog. Espera que gusten moito as lectura...
-
Aproveitando a chegada da estación escura e a celebración do Samaín preparamos no cole moitos xogos, contacontos, murais, actividades, unha...
-
O 3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE e dende a nosa escola non podemos deixar de recordalo cada ano, ainda...
-
Dentro do noso proxecto de innovación IGUÁLA-T non podia faltar a celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER , ainda que o traballo en...


















