Estas semanas Librín deixounos moitos contos para un novo tempo de Nadal, algúns xa os escoitaramos como os do Apalpador, Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de reis, O pequeno abeto,... e moitos outros. O conto que máis nos gustou foi: MAMÁ NOELA
"A lingua escrita non atopou aínda ningún camiño máis atractivo, máxico e cheo de cor como os libros de contos", Gianni Rodari
martes, 18 de diciembre de 2018
martes, 11 de diciembre de 2018
CAMIÑANDO CARA UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA
Un dos obxectivos para este curso é transformar os espazos comúns do cole en lugares que fomenten a igualdade e a inclusión. Neste senso durante este primeiro trimestre dimos xa algúns pasos, sinalamos o camiño cara biblioteca de Librín con carteis de pictogramas.
martes, 4 de diciembre de 2018
POEMA POLA NON VIOLENCIA
Se queres escoitar este fermoso poema escrito pola mestra Rocío e recitado polos pequechos e pequechas de 5 anos pincha AQUÍ
martes, 27 de noviembre de 2018
POR UN MUNDO SEN VIOLENCIA
O venres 23 de novembro recibimos o coro de CEP Lois Tobío que, coa súa música e voces, tentaron de recordarnos a importancia dun mundo sen violencias. Tamén as nenas e nenos de 6º recitaron una fermosa poesía, de creación propia e orixinal da mestra Rocío Fernández, como un canto pola igualdade e respeto entre homes e mulleres.
Neste día especial tivemos a sorte de contar coa presencia da Xefa Territorial e da inspectora deste centro, as que lle agradecemos a visita, esperando que disfrutaran duns momentos moi emotivos para todas e todos.
Neste día especial tivemos a sorte de contar coa presencia da Xefa Territorial e da inspectora deste centro, as que lle agradecemos a visita, esperando que disfrutaran duns momentos moi emotivos para todas e todos.
lunes, 19 de noviembre de 2018
POLO MAGOSTO E POLO SAN MARTIÑO PEÓNS O CAMIÑO
O pasado venres día 16 celebramos o MAGOSTO con xogos, maquillaxe e visitounos a castañeira Maruxa, amiga de Librín, que nos agasallou con contos, poesía e castañas quetiñas. Coas mestras fixemos unhas "maruxiñas" para gardar as castañas asadas e comelas con tranquilidade.
Tamén celebramos o "Día do peón" facendo uns con materiais de reciclaxe, sacarémolos os camiños, as rúas e prazas.
domingo, 4 de noviembre de 2018
SAMAÍN: o medo non da medo, da risa
SAMAÍN 2018
O pasado mércores 31 celebramos o SAMAÍN cunha morea de actividades, coa idea de que o medo non da medo, as veces da risa. A nosa biblioteca encheuse de meigas, bruxas e curuxas,.. tamén algunha pantasma con asma que nos contaron contos de moito e de pouco medo.


Tamén fixemos pócimas coa "Bruxa colorea"


Suscribirse a:
Entradas (Atom)
GUÍAS DE LECTURA PARA OLLAR E PALPAR
Librín desexa un bo verán a toda a nosa comunidade educativa e a todas e todos os seguidores deste blog. Espera que gusten moito as lectura...
-
Aproveitando a chegada da estación escura e a celebración do Samaín preparamos no cole moitos xogos, contacontos, murais, actividades, unha...
-
O 3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE e dende a nosa escola non podemos deixar de recordalo cada ano, ainda...
-
Dentro do noso proxecto de innovación IGUÁLA-T non podia faltar a celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER , ainda que o traballo en...























