jueves, 21 de marzo de 2019

RECITADO DE XOÁN NEIRA POLO DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Este ano tivemos a sorte de poder contar no noso centro con Xoán Neira, profesor e poeta de Viveiro, e escoitar da sua propia boca unha variedade de poemas adaptados aos máis pequechos e pequechas.
Se queres escoitar aos nenos e nenas recitando o poema Natureza, do seu libro "Farrapos de nube" só tes que escanear no seguinte código QR:


Queremos agradecerlle especialmente o agasallo que nos deixou, uns fermosos CALIGRAMAS.

Traballo cooperativo e semana da prensa

Para conmemorar a semana da prensa no centro, os nenos e nenas de 5 anos, por equipas fixeron o seu propio periódico e despois nos contaron como o fixeron.






















domingo, 17 de marzo de 2019

8 de marzo pola Igualdade

Dentro do noso traballo diario na procura da Igualdade e para conmemorar o Día da Muller Traballadora realizamos obradoiros de análise dos contos tradicionais, en colaboración co Centro de Información a Muller do Concello de Viveiro




domingo, 24 de febrero de 2019

DÍA DA FALA E DÍA DE ROSALÍA

O pasado venres día 22 de febrero celebramos o DÍA DA FALA e o DÍA DE ROSALIA.
Para recodar o valor da nosa fala que tamén era a de Rosalía de Castro, polo que ilustramos un poema
de Cantares gallegos, "Has de cantar que che hei de dar zonchos,..." e cantando no patio a canción, de Najla Shami e Uxía Senlle sobre este poema, "Na lingua que eu falo".











martes, 12 de febrero de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Para recordar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia cada aula investigou una muller científica, mulleres de antes e de agora. Unha forma moi visual de mostrar as nenas e nenos diversos campos de investigación: as matemáticas, a medicina, os virus, os océanos,....


RE-XOGA

Está en marcha una nova actividade en colaboración coas familias, que ten como obxectivo a valoración do xogo tradicional como forma de fomentar a colaboración, cooperación, creatividade,... e moitos deles a igualdade e a inclusión.  Queremos recompilar todos aqueles xogos populares e tradicionais que forman parte da memoria colectiva da nosa comunidade educativa.
Tentaremos de recuperar moitos deses xogos nas aulas e no patio


XOGOS DE FORMACIÓN DE USUARIOS

Este curso puxemos en marcha xogos de elaboración propia para  formación de usuarios na biblioteca, nas aulas e dentro das mochilas viaxeiras. Este xogos son puzles, dominós e "O xogo de Librín",e todos tiveron moito éxito entre as nenas e nenos.

 "DE LIBRÍN A LIBRÍN E TÓCAME OUTRA VEZ A MIN"



GUÍAS DE LECTURA PARA OLLAR E PALPAR

 Librín desexa un bo verán a toda a nosa comunidade educativa e a todas e todos os seguidores deste blog. Espera que gusten moito as lectura...