miércoles, 22 de abril de 2020

CONTACONTOS - 3ª ENTREGA, vencer o medo

Hoxe temos un dos contos que máis nos gusta a todas e todos, un conto moi especial que nos fai pasar medo pero tamén nos axuda a vencelo. E xuntos  colaborando, compartindo todo pode saír mellor.

A profe Lucía contanos, PICOTÍ, PICOTÁ  :

COCORICO




A familia Ramallo Ruíz comparte un conto que fala da importancia de ter amigos e que se titula:


NITO Y LEO

martes, 21 de abril de 2020

CONTACONTOS NO CUBIL- 2ª ENTREGA, todo vai sair ben

O conto de hoxe e un conto moi, moi fermoso que nos recorda que nunca  podemos deixar de buscar os nosos soños, non podemos deixar de soñar que todo vai saír ben.

 É o conto da mestra Rocío e titulase:

O SOÑO DO OSIÑO ROSA


Tamén as nosas nenas e nenos son grandes contacontos e queren compartir con todas e todos nós.
A familia López Díaz xa son profesionais, esta vez mandanos un conto moi interesante sobre a importancia de ser nós mesmos en todo momento e titulase:

GUAPA


A familia Balseiro Álvarez deixanos un conto que sempre nos gusta moito e que nos axuda a identificar o que sentimos en cada momento:



O MONSTRUO DE CORES







 Esperamos que disfrutedes moito dos contos, que deixedes algún comentario,a Librín e a nós gustanos saber as vosas opinións e as vosas suxerencias.
Recordámosvos que podedes ser seguidores deste blog, so tedes que pinchar onde pon seguir
Un bico moi grande para todas e todos.









domingo, 19 de abril de 2020

EN ABRIL LIBROS E CONTACONTOS NO CUBIL

Esta semana comenzamos unha nova actividade con moita ilusión e que esperamos que vos guste . Tod@s nós queremos compartir unha das nosas fortalezas do día a día, os contos, contarvos contos, e iso é o que imos facer. Contos para todas e todos que Librín deixou na nosa casa cunha nota:
"Quero que as nenas e nenos e as súas familias non se olviden da biblioteca do cole nin de min,  contadelles cada día un conto destes que vos deixo".
E así cada un de nós escolleu un conto para compartir  mentras quedamos na casa. Recordando que se achega o DÍA DO LIBRO, esperamos que vos gusten moito os videos.

O primeiro é o que conta a mestra Carmen e titulase:

O NACEMENTO DO DRAGÓN



Tamén con sombras chinesas:

Recordade que xunto cos nosos contos iremos compartindo os que nos mandades desde a casa para todas e todos as vosas compañeiras e compañeiros. Tamén Librín poñerá algunha que outra curta que seguro vos a gustar.

sábado, 18 de abril de 2020

CONTACONTOS: CHIVOS CHIVÓNS

O último contacontos recibido neste días é o da familia Rivas Meitín que nos contan: CHIVOS CHIVÓNS

viernes, 17 de abril de 2020

FAMILIAS QUE CONTAN !!!

Para rematar a semana deixamos un conto da familia López Díaz, un conto que inventaron eles, con monicreques que fixeron eles: as nosas mascotas, as tartarugas que coidamos, e non podía faltar, o noso Librín. Un conto moi fermoso cunha mensaxe de alegría e ilusión.

jueves, 16 de abril de 2020

CONTACONTOS POLA DIVERSIDADE

O  hoxe podedes escoitar a pequeña contacontos da familia Travieso Fernández, cun libro sobre a aceptación das diferenzas, un conto en positivo:


ORELLAS DE BOLBORETA

miércoles, 15 de abril de 2020

NOS MESES DOS LIBROS E DAS LETRAS: CIDADANÍA, DIVERSIDADE = IGUALDADE E INCLUSIÓN

Os meses de abril e maio son meses de letras e de libros por iso no cole San Roque queremos contar contos para as nenas, os nenos, para todos. Teremos en conta a importancia de que moitos destes contos que vos imos ofrecer impliquen un dos nosos lemas , a búsqueda da atención a diversidade  e o traballo en prol da igualdade e da inclusión real .

Como a cidadanía, a nosa comunidade educativa, conta moito na biblioteca de Librín, queremos que os primeiros contos sexan os que nos mandaron algunhas  familias. Despois virán os de Pablo e os das mestras.

O primeiro é un conto moi fermoso que hai pouco chegou a nosa biblioteca, un conto que editou a Federación de Asociacións de Persoas Xordocegas de España, FASOCIDE, escrito e ilustrado por María J. Cuesta. A familia Blanco Fernández mandounos esta dramatización dese conto que se titula: "UNA VARITA MÁGICA PARA DULCE". 


Esperamos que todos os contos que imos ir subindo a este blog vos gusten moito,están contados por unhas e uns contacontos que lles poñen todo o seu agarimo para encher estes días de ilusión.  



GUÍAS DE LECTURA PARA OLLAR E PALPAR

 Librín desexa un bo verán a toda a nosa comunidade educativa e a todas e todos os seguidores deste blog. Espera que gusten moito as lectura...