miércoles, 13 de mayo de 2020

AS LETRAS SONORAS

As letras da nosa lingua galega soan como música no vento, acompasadas e fermosas, fanse ainda máis na boca dos raparigos. Isto fainos soñar con que o noso idioma non esmoreza e poda ter un futuro, para asi non perder a nosa identidade, herdanzas dos noso ancestros.

Hoxe deixamos a poesía de Ángel:

   


Que tamén nos deixou unha adiviña, veremos que atina



Librín deixanos :

CARACOL E VERMIÑO





martes, 12 de mayo de 2020

CANTAS PALABRAS DE ANIMAIS EN GALEGO!

Cantas máis palabras descubrimos e as facemos nosas máis posibilidades teremos de poder pensar, soñar, contar,...asi é como imos aprendendo un idioma. Sin dúbida a nosa lingua está chea de fermosas palabras, verbas que aloumiñan, agariman, e nos enchen de ledicia... por iso é importante aprender cada día máis vocabulario en galego, xa que como decia o poeta Manuel María:
"Galicia somos nós: a xente e maila fala. Se buscas a Galicia en ti tes que atopala"

A proposta de hoxe é ir decindo, repetindo, ampliando vocabulario en galego. Convidámosvos a ver este conto e ir verbalizando o nome das imaxes e dos animais que vedes nel.

RESCATE ANIMAL





Librín deixanos coma sempre unha curta:

OS SETE CABRITOS



Lembrade seguimos esperando os vosos contos, cantigas,poesías, adiviñas,...

viernes, 8 de mayo de 2020

AS LETRAS, GALEGAS !!!!

O longo desta semana, SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020 adicada a Ricardo Carbalho Calero, recordaremos a importancia e a sorte que temos de ter dúas linguas , unha delas a que lle podemos chamar lingua nai: O GALEGO , por iso imos celebralo como cada ano.
Asi que  ademáis das  actividades proposta na nosa web no apartado de Normalización e Dinamización Lingüística, nas que esperamos a vosa participación. Tamén  Librín quere agasallarvos con contos e curtas en galego, pero gustarialle que AS FAMILIAS (pais, nais, irmáns, nenas, nenos, avós, avoas,..) nos enviedes algún video coas vosas propostas:
contos, teatro, poesías, adiviñas, cantigas,...en galego e para compartir con todas e todos, animádevos!!!

 Remataremos a semana cunha sorpresa final de todas as metras e Pablo, que estamos a preparar paseniño.

A primeira proposta, o teatro de Mariña :





E librín deixavos:
COCORICO AXUDA




Tamén vos propoñemos:

Obradoiro de teatro infantil con Teatro dos Ghazafelhos


Nestes talleres, Pepablo Patiño e Montse Piñón ou, dito doutra maneira, Teatro Ghazafelhos, desenvolverán pílulas teatrais en formato de taller online. Nelas proporán xogos e actividades vinculadas coa acción teatral e dirixidas a nenas e nenos a partir de 3 anos e persoas adultas acompañantes.


I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020


jueves, 7 de mayo de 2020

CONTACONTOS - 14º ENTREGA, sorpresa!

O último contacontos desta serie, virán outras, trata do importante que é ter amigos que che axudan nos malos momentos, fala tamén da colaboración e da aceptación das diferenzas.

Hoxe a contacontos é unha sorpresa para todas as nenas e os nenos, feito con moito agarimo, esperando que vos guste moitísimo, prensentamos:

A VACA QUE PUXO UN OVO



E Librin tamén deixa unha curta:


BAT TIME



Xa coñecedes aos animais domésticos, que viven na granxa e que nos dan moitas cousas leite,ovos,.. pero tamén no mundo existe millóns de especies de animais salvaxes diferentes, algúns coma Librín, fan vida nocturna, dormen de día e durante a noite saen dos seus agochos aproveitando que os seus depredadores descansan, ou para cazar máis fácilmente ás súas presas. Si queredes coñecelos preme nos enlaces do MAPAMUNDI:





CONTACONTOS -13º ENTREGA, expresar emocións

O conto de hoxe fala da importancia de expresar ó que sentimos, de sacar para fora as nosas inquedanzas e falar do que nos pasa, tanto nos momentos difíciles como nos alegres. Falar do importante que é chorar, non só de tristeza, tamén de ledicia.

E temos a sorte de que os contacontos de hoxe sexán unha  familia enteira, a profe Jacinta con LUCÍA, Lucas e Jose:

BÁGOAS BAIXO A CAMA


Jacinta dí que coma Simón, o neno do conto, podedes facer a vosa botella para gardar todas as bágoas que queirades, pero as de tristeza e as de ledicia, todas elas son importantes.

Librin tamén nos deixa unhas curtas:


A JOY STORY

TIN TOY

martes, 5 de mayo de 2020

CONTACONTOS - 12º ENTREGA, educar en valores.


 A segunda contacontos da semana presenta un conto que fala do respeto e a tolerancia cara aos que non son ou non pensan coma nós, xa que na sociedade todos sumamos. Parece que neste tempos complicados cada día é máis importante transmitirlle as novas xeracións que por moi diferentes que podamos ser, en todos os terreos da vida, todo resulta máis doado si traballamos xuntos por mellorar as cousas aparcando as diferencias.

Este conto é un clásico da Literatura Infantil e contao marabillosamente ben a profe Mercedes:


ELMER




O autor deste conto David McKee, como nos di Mercedes, basouse nas pinturas de Paul Klee, para coñecelo un pouco Librín deixanos estes videos:









CONTACONTOS - 11º ENTREGA, colaborar para protexer.

Comezamos de novo unha semana chea de contos, todos moi bonitos e que esperamos vos gusten, xa que están contados con moita ilusión e agarimo.
O primeiro conto  desta semana fala da necesidade de protexer a natureza, de protexer o planeta de xeito colaborativo ( de escola a escola, de comunidade a comunidade, de país a país,..), axudando uns e máis outros para protexernos a todos, a humanidade.

A profe que conta este conto tan colorido e fermoso  é Olalla e un pequeño mago axudante, Iago:

A  ÁRBORE  DA  ESCOLA


Recordade que Olalla convidanos a xogar as palabras fermosas, un bonito xogo, veremos cantas podemos decir cada un.

Librín tamén nos deixa  unhas curtas  sobre a necesidade de protexer os animais, moitos en perigo de extinción, de coidar a natureza e vida no planeta Terra para que todos podamos sobrevivir.


CHOIBA






MONSTERBOX



















GUÍAS DE LECTURA PARA OLLAR E PALPAR

 Librín desexa un bo verán a toda a nosa comunidade educativa e a todas e todos os seguidores deste blog. Espera que gusten moito as lectura...