martes, 20 de diciembre de 2022

NADAL, DOCE NADAL

 A nosa biblioteca este trimestre estivo fisicamente en proceso de cambio, estamos re-escribindo a biblioteca de Librín, en poucos meses será unha marabillosa biblioteca espallada 3.0. Non por iso deixou de estar operativa e ser o centro das actividades e propostas do cole,  tamén no Nadal. Por iso durante este mes de Nadal quixemos achegar as familias información a través de:

-campañas divulgativas para as familias en colaboración coa Escola Galega de Consumo: PIDO,PIDO CON SENTIDO e SEGURIDADE NOS XOGUETES.

-campañas de promoción do  libro e a lectura: ALGO QUE AGASALLAR, UN CONTO NUNCA ESTÁ MAL.

-campaña solidaria de recollida de xoguetes en colaboración coa Asociación Martelos Costa Norte.

-recomendacións de xoguetes didácticos e recomendacións lectoras ( tamén a través da nosa páxina web e do noso instagram).




Tamén fixemos:

- agasallos para donar o mercadillo solidario de Nadal da residencia Domus Vi, que tamén visitamos.

-visita a oficina de correos para mandar as cartas coas nosas peticións ao apalpador.

-escribimos tarxetas para colocar na nosa especial Árbore dos Desexos de Nadal.

-recibiremos a visita do coro do Lois Tobio e tamén do Apalpador en colaboración con Domus Vi.

-o alumnado de 5º agasallounos cun contacontos moi especial ( feito con luz negra): CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS.










lunes, 12 de diciembre de 2022

LIBROS-XOGO POLO NADAL

Xa está moi preto unha das épocas do ano na que Librín e todas as nenas e nenos están máis ilusionados: O NADAL. Por isto o noso mouchiño deixavos un conto que tamén é unha moi boa recomendación lectora para pedirlle ao Apalpador, a o mesmo Papá Noel ou aos Reis Magos, un bonito libro xogo moi propio destas datas:

A VIAXE DE PAPÁ E MAMÁ NOEL

Recordade portádevos moi, pero que moi ben, que xa están preparados, e debuxade a PAPÁ E MAMÁ NOEL co voso agasallo.

sábado, 3 de diciembre de 2022

POR UN MUNDO SEN BARREIRAS, BAIXO O MESMO PARAUGAS

Somos iguáis & Somos diferentes 

O 3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE , un día para recordar, para visualizar e para axudar a eliminar barreiras de todo tipo na nosa sociedade tentando de eliminar comportamentos pouco inclusivos. Dentro do noso proxecto INCLÚE-T desenvolvemos actividades que fomentan a inclusión e a eliminación de comportamento segregadores, así estes días experimentamos na nosa pel o que sinten as nenas e os nenos con algunha diferencia facendo as mesmas cousas que nós, co obxectivo de impulsar unha sociedade máis equitativa "BAIXO O MESMO PARAUGAS"

                               


jueves, 1 de diciembre de 2022

NON É MAXÍA É CIENCIA

 Rematou o mes da CIENCIA EN GALEGO nas bibliotecas escolares pero as investigacións, a creación de hipótesis, os experimentos e a ciencia continuaran enchendo de vida o espazo creativo de aprendizaxes da nosa renovada biblioteca nos vindeiros trimestres. 

Hoxe compartimos un interesante mural realizado polo noso alumnado logo de  experimentar sobre flotabilidade, e tamén uns videos onde alumnado internivelar compartiron e comentaron experiencias e aprendizaxes.





viernes, 25 de noviembre de 2022

ESCRIBINDO NOVEMBRO: REFERENTES, COIDAR DE QUEN NOS COIDA



 Durante o mes de novembro  algunha das propostas foron: investigacións científicas a través de experiementos sinxelos, aportacións para o magosto  e a creación dende a biblioteca creativa de peóns para o San Martiño, pero sobre todo a posta en marcha do proxecto IGUÁLA-T, e dentro do mesmo o 25 N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

A proposta deste curso, para que pensamos moitos lemas e un dos máis significativos foi COIDAR DE QUEN NOS COIDA, pasou por contar coas mulleres referentes para o noso alumnado, as avoas, que loitaron e loitan pola igualdade e pola eliminación da violencia contra as mulleres en calquera das súas manifestacións. Por iso fixemos un mural-cadro coas imaxes das nosas avoas, nel escribimos no ordenador as palabras coas que nos nomean con agarimo e no marco deixamos a nosa pegada en negro como simbolo  de tristura polas mulleres que sufren e que faltan. Asemade invitámolas a compartir con nós a xornada conmemorativa e revindicativa do 25N, ensinándolles o que facemos no cole, tamén puxemos unha selección de música da que a elas lles gusta.











miércoles, 23 de noviembre de 2022

ESTAMOS DE NORABOA

 UNHA VEZ MÁIS O TRABALLO POR PROXECTOS DENDE A NOSA BIBLIOTECA , O COLABORATIVO CON OUTROS CENTROS, CON ENTIDADES E ASOCIACIÓNS DEU OS SEUS FROITOS. 

O PROXECTO EMOCIONÁMONOS REALIZADO O PASADO CURSO COA COLABORACIÓN DO CEP LOIS TOBIO, EN CONCRETO CO MESTRE DE MÚSICA IVÁN VALE, COA ASOCIACIÓN DE ARTÍSTAS MARIÑANOS TÁ EN ARTES, CO MUSEO CENIMA DE FOZ E COA DEPUTACIÓN DE LUGO VEN DE SER PREMIADO POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN


https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1686 




lunes, 21 de noviembre de 2022

NON É MAXÍA É CIENCIA

 Para as bibliotecas escolares novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO,  aínda que sigamos as voltas coa ciencia todo o curso, durante este mes o noso cole enchese de maxía, unha maxía especial, xa que para o noso alumnado parece  pero é ciencia. Así que estas propostas, dende a nosa biblioteca creativa, tentan de sementar a curiosidade, as pequenas investigacións, ...  o pensamento científico que xermolará máis adiante.

Fixemos unha morea de experimentos cos que desfrutaron un montón








GUÍAS DE LECTURA PARA OLLAR E PALPAR

 Librín desexa un bo verán a toda a nosa comunidade educativa e a todas e todos os seguidores deste blog. Espera que gusten moito as lectura...