martes, 31 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL / DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

No día 2 de abril coinciden o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL e o DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO por isto é una data moi importante para Librín e para a nosa biblioteca, pode que a máis importante do ano. Asi  que deixámosvos algunha proposta por si vos animades.

A mensaxe deste ano fala de FAME DE PALABRAS, e temos fame de palabras fermosas, tan fermosas como as flores que aparecen nas árbores nestes días de primavera, asi que Librín propovos:

-participar  dende a casa no concurso GALIX , da Asociación Galega do libro Infantil e Xuvenil, "UN POEMA NA TÚA VOZ" ( unha magoa pero é só para os que xa tedes 6 anos, remata o 10 d abril).

- estamos a facer unha colección de palabras fermosas, asi que mandádenos un video cheo de PALABRAS FERMOSAS, PALABRAS ALEGRES, DIVERTIDAS, ROSAS,... ao enderezo:

familiassanroque@gmail.com


O conto que queremos compartir para este día tan especial é dun moi amigo noso, O MONSTRO DE CORES, que nos fala dese bicho malo ó que imos espantar para volver a estar  todos xuntos.




- Como actividade propoñemos facer un bicho, un coronavirus.Usade a vosa imaxinación e os materias que atopedes pola casa, aquí vos deixo o que fixo Librín despois de escoitar o conto.


Outros contos que recomendamos para estos días: 

A ÁRBORE XENEROSA, ORELLAS DE BOLBORETA, NADARÍN- edit. Kalandraka
Ver las imágenes de origenVer las imágenes de origenVer las imágenes de origen


o movemento asociativo do autismo en España, en coordinación con Autismo Europa, desenvolve unha campaña de concienciación que pon o foco en dúas áreas fundamentais para a inclusión e mejora da calidade de vida do colectivo TEA: a educación e o emprego. Por iso é polo que se elixiu como lema “Podo aprender. Podo traballar” e, como imaxe da campaña, varias mans sostendo diferentes ferramentas e utensilios, que representan as habilidades e capacidades de cada persoa. Ademais, a imaxe preséntase en cinco cores diferentes, reflectindo así a diversidade existente dentro do espectro do autismo.

Queremos sumarnos a esta inicitiva; para o que vos propoñemos a seguinte proposta: que os nenos e nenas escollan unha ferramenta ou utensilio que lles guste moito facer traballos ou que lles saia moi ben, e que o sosteñan coa súa man. Mandádenos a foto (só da man na que se vexa o utensilio ou ferramenta) para poder completar así o seguinte vídeo que vos presentamos coas nosas propostas .Esperamos que vos guste 




viernes, 27 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO TEATRO, quedamos na casa

Hoxe, 27 de marzo , celebrase o DÍA MUNDIAL DO TEATRO  para celebralo Librín propón que nas vosas casas elaboredes un TÍTERE sinxelo, con él podedes contarnos un conto, unha pequeña historia ou saludar as amigas, amigos e compañeiras e compañeiros.

https://www.youtube.com/watch?v=OX_sKpFl1ao

Compartideo con nós nun video por wps ao número 646148944 e  farémolo visible para que deste xeito, a través desta forma de teatro, sigamos en contacto.


lunes, 23 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA E DOS BOSQUES

O día 21 celebrouse o Día Mundial da Poesía  e tamén o
Día Internacional dos Bosques  polo que vos propoñemos que escoitedes a cantiga:



Na casa  podedes facer un semilleiro con lentellas, fabas...... rexistrar o seu crecemento diario.. e crear o voso propio espantallo.
Convidándovos a que mandedes as vosas fotos facendo  desta actividade ou algún traballo ao redor dos contos, poesías, ou simplemente lendo.

Podedes mandalas o enderezo:
  
familiassanroque@gmail.com



Deixamos as seguintes ideas por si vos serven de axuda:






RECOMENDACIÓN LECTORAS:





miércoles, 11 de marzo de 2020

CORES POLA IGUALDADE REAL

 Recordando o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller traballadora, e dentro do noso programa IGUÁLA-T tivemos varias actividades pensadas para romper estereotipos :
- lectura de contos: "QUE LLES PASA AS PRINCESAS" editorial Galaxia, "BRANCA DAS NEVES E OS 77 ANANOS" editorial Anaya, "EDU SE VISTE DE PRINCESA" edicións Bellaterra.
-traballo cos materiais enviados dende a Consellería " OS BOLECHAS POLA IGUALDADE".

-obradoiro do Centro de Información a Muller do Concello de Viveiro ( aproveitamos para darlle as gracias a Ana que colabora con nós cada ano) , a partir do conto   "LOS COLORES" do libro "Cuentos para antes de despertar".




viernes, 21 de febrero de 2020

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO: "Unha estrela para Rosalía"

Para recordar a  gran escritora e poétisa ROSALÍA DE CASTRO as nenas e nenas fixeron  un medallón baixo o lema "Unha estrela para Rosalía", recordando a iniciativa da Agrupación Astronómica Coruñesa de darlle o nome de Rosalía a estrela HD 149143 da constelación de Ofiuco.
Tamén recitamos poesías e cantamos "Rosalía pequeniña".


"AS NOITES SON TRANQUILAS E SEREAS,
CRARO É SEMPRE O LUAR,
POR ENTRE AS TELLAS ENTRAN OS SEUS RAIOS
I HASTRA Ó MEU LEITO VAN,
I ASI DURMO ASLUMADO POLA LÁMPARA
QUE ÓS PROBES LLE LUZ DÁ.
LÁMPARA  HERMOSA, ETERNAMENTE HERMOSA,
CONSOLO DOS MORTALS".
                                                   (de Follas Novas)


O MOUCHO  por Migallas

https://youtu.be/r5mH8hfTHS8











martes, 11 de febrero de 2020

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.

Lembrar que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS,  incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.

Hoxe día 11 de febrero do 2020 celebramos o "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA" coa finalidade no só de dar visibilidade a multitude de mulleres científicas e investigadoras, silenciadas moitas delas, se non tamén tentar de sementar o gusto por investigar e experimentar, e quen sabe algunha que outra científica no futuro.
Fixemos unha exposición de libros, unha guía de lecturas e varios experimentos divertidos.
Asemade traballamos nas aulas co libro "MUJERES NEGRAS EN LA CIENCIA", cada aula elixeu unha investigadora que ó tiña doblemente difícil, muller e de raza negra, visibilizando a igualdade e a diversidade,  cun traballo plástico que pasou a formar parte dun mural colectivo que ten como figura central a MARGARITA SALAS. Tentando tamén  facerlle o noso pequeno homenaxe a unha gran investigadora española, que nos abandonou hai poucos meses, e á que debemos darlle o recoñecemento que se merece.

           https://youtu.be/RkLHWs3NWrI   ----"Pequeña científica"


 Os pequechos e pequechas de 3 anos experimentaron fabricando a sua propia botella da calma á que acudir cando sentan as formiguiñas do enfando no seu estómago.
Cun pouco de auga, tinte alimentario, aceite corporal e brilli brilli este foi o resultado:





E para os interesados en continuar experimentando nas vosas casas aquí tedes a guía de lectura que recomendamos:



jueves, 30 de enero de 2020

IMAXINA TODO O MUNDO VIVINDO EN PAZ


O 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ, pero a PAZ teremos que facela todos os días do ano. Para recordalo, partindo do conto "IMAGINE" de John Lennon, cada aula fixo un traballo plástico, que xa está na entrada do cole, para que cada día sexa un novo día pola:

             PAZ, TOLERANCIA, CONVIVENCIA, INCLUSIÓN E IGUALDADE

Tamén temos unha exposición de contos con esta temática e unha guía de lecturas para as familias, asemade os alumnos levaron unha chapa recordatorio desta celebración cun código QR para escoitar a canción na casa en familia.






GUÍAS DE LECTURA PARA OLLAR E PALPAR

 Librín desexa un bo verán a toda a nosa comunidade educativa e a todas e todos os seguidores deste blog. Espera que gusten moito as lectura...