lunes, 4 de diciembre de 2017

ESTÁ BEN SER DIFERENTES!

    Para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, o noso cole participou na elaboración do vídeo-conto "Está ben ser diferentes", xunto cos outros vintenove centros educativos de toda Galicia. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Orientación, o Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP de Cervo, e en colaboración coas mestras de pedagoxía terapéutica Mila Castro do CEE María Mariño, e Alba Rodríguez do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé (As Neves).
 
    Así, visionando esta curta, recordamos o xenial e importante que é ser diferentes, axudarnos uns aos outros e comprender e valorar as diferencias dos demais, despertando a empatía no alumnado.
 
    En concreto, o cole San Roque puxo o seu graniño de area neste proxecto a través do conto "Está ben levar gafas", o cal podedes ver a continuación.
 
POR UNHA ESCOLA INCLUSIVA, PORQUE ESTÁ BEN SER DIFERENTE!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

PARA UN VERÁN DIFERENTE

 Remata o curso, un curso cheo de diversión e de propostas moi interesantes para todos. Un curso cheo de libros de historias de conto e de c...