martes, 30 de octubre de 2018

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA SAMAÍN




ORIXE DA FESTA
Hai moito tempo chegaron a Galicia os Pobos Celtas. Aos Celtas, chamáballes moito a atención todo o relacionado coa natureza: as tormentas, a chuvia, o sol, a lúa, a calor ou frío que facía nalgunhas épocas, a caídas das follas nos árbores. Celebraban catro festas ao ano que estaban relacionadas co que sucedía na natureza. Unha desas festas era O SAMAÍN, que se celebra o 1 de novembro.
No mes de novembro temos máis horas de noite que de día, a primeira noite de mes era unha noite máxica, comeza a "estación escura". Con tantas horas de escuridade acendían as caveiras para asustar aos inimigos (espíritos malos).
Aproveitando esta data e que estamos a traballar as emocións, centrámonos no medo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

PARA UN VERÁN DIFERENTE

 Remata o curso, un curso cheo de diversión e de propostas moi interesantes para todos. Un curso cheo de libros de historias de conto e de c...