Na xornada de inauguración acompañounos a Conselleira de Educación Dª Carmen Pomar e outras autoridades que veñen acudindo ano tras ano.
As nenas e nenos de 6º de Infantil do noso centro recitaron unha fermosa poesía creada pola compañeira Rocío Fernández Novo, e a pequeña ANA dixo unhas palabras xunto a unha nai de Alfoz e alumnos do IES María Sarmiento.
Tanto pola actuación como polo poema recibimos moitos parabéns.
Esperamos o vindeiro curso seguir colaborando e facendo posible a implicación das familias de toda a Mariña na creación e unión entre arte e literatura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario