domingo, 26 de abril de 2020

CONTACONTOS - 6º ENTREGA, mellor entre todas e todos


Unha nova semana na que quedamos na casa pero xa podemos saír a pasear, tomando  moitas precaucións, e xa estamos máis contentos. Pero ainda temos que ter moito coidadiño e non podemos xogar todos xuntos como nos gustaría.
Nós seguimos con moitos contacontos, faltan moitas profes por contavos o seu conto e todos son diferentes . O de hoxe é un conto que nos fala da importancia de sumar achegas, de que xuntos podemos facer as cousas moito mellor, traballar en equipo e colaborar fainos sentir mellor e fai que todo teña un mellor resultado final.

Hoxe é a profe Mª Dolores  quen nos conta este fermoso conto, que se titula:

A MELLOR SOPA DO MUNDO




A familia Rodríguez Palomo tamén comparte un conto que fala de diversidade, igualdade e inclusión, en definitiva todos sumamos, todos e todas por moi diferentes que podamos ser, por raza, relixión, discapacidade,...podemos contribuir e axudar a formar unha sociedade mellor.

SUPERNIÑOS




 Lbrín tamén quere deixar unha curta moi interesante sobre a diversidade






2 comentarios:

  1. Tres contos interesantes... a Mariña gustáronlle moito. A amizade, que tanto añoramos estes días de confinamento e a diversidade que nos fai ser máis especiais e da que tod@s nos enriquecemos... Grazas.

    ResponderEliminar
  2. Alegranos moito que disfrutedes dos contos. Librín pensa que Mariña vai ser una gran lectora, o que lle fai sentirse moi féliz

    ResponderEliminar

LIBROS, COMIC, diversión asegurada.

 No DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR o noso centro encheuse de actividades:  -EXPOSICIÓN DOS COMICS DAS FAMILIAS, os que lian os nosos p...