martes, 28 de abril de 2020

CONTACONTOS - 8º ENTREGA, emocións a flor de pel

O conto de hoxe é moi sinxelo pero tamén moi tenro, que axudará as nenas e nenos a falar do  que sinten nestes momentos en que están a compartir tantas cousas en familia, axudarlles a que recoñezan e verbalicen as emocións é fundamental nestes momentos , pero tamén en todos os momentos da longa vida que lles resta por vivir.

A encargada de contar o conto deste mércores é Candy, pero esta vez conta cunha superaxudante, Rafaela, que espera que vos guste moitísimo:

ADIVINA CUANTO TE QUIERO






Despois de escoitar o conto, Candy recomenda que provedes a facer un pouco de "yoga"con esa historia tan fermosa:


A familia Vale  Aránguiz  tamén nos manda un dos nosos contos preferidos, e que tamén fala das emocións que sentimos:

MONSTRO  DE  CORES




E como non podía ser doutra maneira, unha curta que emociona:


LA LUNA
















10 comentarios:

  1. Moitas grazas por todos estos contos! Todos os dias Raul esta esperando cales son os que tocan cada dia para velos e escoitalos, son todos marivillosos!!
    Os de hoxe encantaronlle os dous; o do monstruo de cores xa era un dos nosos favoritos e o outro fixonos moita gracia porque nos sempre xogamos a querote mais ca... ata acabar decindo hasta el infinito y mas alla!! ����
    Fixolle moita ilusion ver a Candi que xa lle tarda moito verte e mandache un biko enormeee ����

    ResponderEliminar
  2. Candy di que tamén lle tarda moito vervos, alegrase que che gustara e que os vexas todos os días.
    Raúl anímate a mandar o video contando o teu conto preferido!.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Que ilusión lle fixo a Ángel ver a sua profe, por fin¡¡!!
    Grazas outro día mais por animar os peques da casa e os non tan peques, con estas actividades disfrutamos todos.Cada día aprendemos algo novo.
    E tamén ao contaconto do monstruo das cores...moi orixinal¡!

    ResponderEliminar
  4. Por fin chegou o día de Candy..ANTIA encantada que xa estaba esperando e dice si o contóu co micrófono azul..
    Un conto precioso e con moito amor..Grazas por estos momentos .E bravo tramen a esa súper axudanta..
    E tramen nos gustou moito o contó de Irati..
    Besos e comida de vos.
    Eiroa Gómez.

    ResponderEliminar
  5. Alégranos moito que disfrutedes en familia dos contos, son a semente do futuro bó lector, e ler fainos máis libres.
    Candy mandavos moitos bicos, especialmente para Ángel e para Antía.Tamén decirvos que sí, que o fixo co micro azul que tanto vos gusta.
    Por último, recordade que podedes seguir mandando contos contados por toda a familia ou só polos nenos ou nenas, que nós tamén disfrutamos moito con que mandades.

    ResponderEliminar
  6. Recordade que vos podedes facer seguidores do blog pinchando, abaixo na parte dereita, onde pon seguir.

    ResponderEliminar
  7. Ains!!que conto máis bonitooo!!un bico a profe Candy e sobre todo a unha persoa moi especial RAFAELA!!!Un bico enorme de parte de María 4ºA e de Bibi.

    ResponderEliminar
  8. Gracias Bibi, a Candy e a Rafaela tamén lles gustou moito o conto de María.
    Bicos

    ResponderEliminar
  9. Qué preciosidade de conto, e coa profe Candi e a súa superaxudante xa é insuperable. Carla emocionouse moito, ademáis está precioso con ese efecto de voz en soño. Este conto nos acompaña desde que era un bebé, e emocionoulle moito ver á súa querida profe. Tamén a Iria lle gustou moito, son moi fans dos contos as dúas.
    E a idea do ioga... xenial!Graciñas!

    ResponderEliminar
  10. Qué ben conta Irati ese Monstro de cores que nos gusta moito, especialmente a Iria. Bicos!

    ResponderEliminar

PRETO DE TI

 O día 2 de abril celebramos  é unha das datas máis marabillosas do curso, e aquí está a nosa biblioteca PRETO DE TI para conmemorar o DÍA I...