martes, 19 de mayo de 2020

ENXUGANDO POESÍA E FIANDO ADIVIÑAS

Comezamos unha nova actividade, por que lembrámonos moito das nosas nenas e nenos. Así que nesta ocasión queremos compartir  a música das palabras, A POESÍA. Algunha seguro que podedes aprendela de memoria e recitala, como o imos facer aquí as vosas mestras e Pablo.
Tamén para facelo un pouco máis divertido imos contarvos unha adiviña, algunha sinxela e outras máis difíciles. Si sabedes a solución podedes escribila abaixo, pinchando onde está o lapis.

Esperamos que vos guste moito, moito esta actividade, pero tamén esperamos que participedes dende a casa coas vosas adiviñas e/ou poesías.

A primeira é unha mestra moi especial, pero aquí parece que lle sairon manchas.



Librín deixavos unha canción:




8 comentarios:

  1. Carla di que a resposta á adeviña de Uxía é o can. Tamén di que a profe está moi graciosa. Moitas grazas por facer estas cousas tan chulis.

    ResponderEliminar
  2. Ángel tamén di o can
    Gustoulle moito.

    ResponderEliminar
  3. Moi ben familias, adiviñastes.
    Temos unas nenas e nenos moi listos, bravo!

    ResponderEliminar
  4. Gorka e mais eu creemos tamén que é o can, e os teus son moi bonitos e cariñosos parecen ☺

    ResponderEliminar
  5. Pois aquí Iria e Carla andaban despistadas, ao primeiro dicían a vaca, jajajja. Logo pensaron un pouquiño e apostaron tamén polo can. Guatoulles moito, e o disfraz xa... o mellor! A Iria fíxolle moita ilusión e alucinou porque "Uxía ten tres canes"...

    ResponderEliminar

LIBROS, COMIC, diversión asegurada.

 No DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR o noso centro encheuse de actividades:  -EXPOSICIÓN DOS COMICS DAS FAMILIAS, os que lian os nosos p...