jueves, 4 de junio de 2020

POESÍA DE AUGA, ADIVIÑA DE LUZ

Rematamos esta actividade coa mestra Jacinta que xunto con Lucía deixanos unha poesía dun autor que xa coñecemos ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO do seu libro "POEMAR O MAR" ( Un libro Premio Nacional de Poesía Infantil e Xuvenil do ano 2017, moi recomendable para ler un poema cada día as vosas fillas e fillos durante todo o verán).
Jacinta despidese dun xeito moi agarimoso, cun sentimento que todos nós compartimos.


Para rematar aproveitamos para agradecer a todas as familias que participartes ese fermosos poemas que as nosas nenas e nenos recitaron e enviaron, PARABÉNS PARA TODAS. Como último,  por este curso, a familia de Gorka Insua enviounos un poema de autoría propia , e que esperamos vos guste tanto como a nós:

O VERÁN

Cando ven o verán e brilla o sol
boto de menos o cole e a todos vós.
O coronavirus, antes de tempo, a todos nós separou.
Moi pronto volveremos para estar máis preto e mellor.


A canción de Librín, nestes días que vimos celebrando o DÍA DO MEDIO AMBIENTE E O DÍA DOS OCÉANOS, axudanos a recordemos a importancia de salvar o noso mar para que o planeta siga vivo.  Aproveitade o verán para disfrutar do noso Mar Cantábrico todo o posible, con moito coidado e coidando moito.


6 comentarios:

  1. Con algo de axuda, Carla primeiro pensou na auga (do mar e da choiva), pero logo se decatou de que debían ser as estrelas.

    ResponderEliminar
  2. Dudando tamén e coa axuda de seus irmáns Ángel pensa q as estrelas.

    ResponderEliminar
  3. Moi ben, sodes un superalumnos.Sempre adiviñades.
    Bicos e apertas

    ResponderEliminar
  4. Esta era un pouco máis difícil. Decimos que as estrelas

    ResponderEliminar
  5. Gorka e a sua mami creen tamen que as estrelas.
    E moitas gracias por publicar o noso poema 🥰

    ResponderEliminar
  6. Garzas a vós por compartir, é moi fermoso.
    Noraboa polo teu libro de poemas.

    ResponderEliminar

LIBROS, COMIC, diversión asegurada.

 No DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR o noso centro encheuse de actividades:  -EXPOSICIÓN DOS COMICS DAS FAMILIAS, os que lian os nosos p...