lunes, 20 de julio de 2020

SELO DE BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA 2019-2020

Neste curso tan díficil vimos de recibir unha gran alegría  para todo o equipo docente pero tamén para toda a nosa comunidade educativa, para todas as familias, tamén para as novas que se incorporan o vindeiros curso.
Xa que despois de presentar a memoria a candidatura ó
 Selo que recoñece os esforzos das comunidades educativas por conformar “bibliotecas escolares inclusivas”, que axuden a paliar as desigualdades no acceso ao coñecemento. Asemade este selo é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidad escolar.
O pasado xoves recibimos unha moi boa nova, da que todo o equipo docente deste centro se alegrou moitísimo, ao comprobar na Resolución do 16 de xullo de 2020 que os esforzos de todas e todos deran o seus froitos. Seguiremos traballando arreo para mellorar cada día máis, xa que a calidade do ensino público e deste centro en particular é cousa de todas e todos nós.
Parabéns para toda a nosa comunidade educativa

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PARA UN VERÁN DIFERENTE

 Remata o curso, un curso cheo de diversión e de propostas moi interesantes para todos. Un curso cheo de libros de historias de conto e de c...