martes, 5 de octubre de 2021

PALABRAS

Comezamos de novo e seguindo o lema da Asesoría para este curso " A biblioteca escolar ten a palabra" a nosa biblioteca de Librín énchese de palabras, palabras máxicas, especiales, novas, felices, verdes,....PALABRAS PARA MELLORAR O MUNDO. Baixo este título temos unha morea de proxectos de innovación cos que pretendemos axudar ás familias na creación de hábitos de vida saudable física e mental, traballando o respeto pola igualdade e a diversidade e a concienciación do coidado do medio natural e cultural que nos rodea, sempre xogando e divertíndonos como a mellor metodoloxía para aprender, utilizando sempre a palabra como unha das nosas fortalezas. 

Comenzamos coas palabras que nos levanron a imaxinar e debuxar un amigo de Librín que nos traerá moitas sorpresas chamado VERDECONTOS SALVATERRA



Verdecontos era diferente. Cando chegaba polos corredores da escola non sabiamos moi ben cal era a súa cor, pero a medida que se achegaba a nós, entrando na aula daquel xeito tan especial, nada parecido ás persoas, podíamos comprobar que traía todos os verdes e algún que outro azul. Era distint@, divertid@, sempre estaba de bo humor,  cantando e brincando todo o tempo… que como o sabíamos?? Porque as súas cores brillaban moi forte, tanto que case tiñamos que pechar os ollos, igual que cando vai moito sol.

Verdecontos era diferente, moi , moi diferente. O que máis lle gustaba era contar contos, por iso era moi amigo de Librín. Pero non calqueira conto, só aqueles que nos falaban da natureza,, dos seres vivos, das árbores, da auga, das plantas… e diso nós non sabemos nada, ou sí??




No hay comentarios:

Publicar un comentario

CÓMIC, ISO QUE É?

 Ler cómic dende a biblioteca de Librín ofrece moitas posibilidades, ler imaxes é unha constante en Infantil, por iso este día resulta espec...