miércoles, 24 de noviembre de 2021

PALABRA MÁXICA: COEDUCACIÓN

O PDI deste curso PALABRAS PARA ENTENDER O MUNDO ten moitos ramas, como unha árbore que promete dar ricos froitos, unha delas é o Programa IGUÁLA-T dentro do cal traballamos en prol da igualdade con accións, retos e propostas durante todo o curso. Propostas que parten da biblioteca como núcleo aglutinador de todo o que facemos nesta escola. Unha delas, no 25 de novembro, é o recordatorio para toda a nosa comunidade de que: 

A MELLOR PREVENCIÓN É A COEDUCACIÓN

Este curso o alumnado fixo un pequeno corazón que recorda unhas fermosas palabras de Emilia Pardo Bazán " Non hai homes nin mulleres, hai HUMANIDADE" , que levarán as súas casas xa que é o primeiro lugar onde a coeducación, a educación en igualdade e sen diferencias de xénero debe practicarse para mellorar o mundo das nosas nenas e dos nosos nenos.



Librín tamén vos deixa este sinxelo conto 

ANTÍA VISTE DE ROXO ( = VERMELLO, ENCARNADO )
 

ROJO é un castelanismo que empregamos moito nesta zona, por iso aparece neste conto, xa que o obxectivo nas aulas é mellorar e ampliar as palabras que usamos nas dúas linguas oficiais.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

PRETO DE TI

 O día 2 de abril celebramos  é unha das datas máis marabillosas do curso, e aquí está a nosa biblioteca PRETO DE TI para conmemorar o DÍA I...