lunes, 28 de marzo de 2022

UN MES CON MOITAS PALABRAS

 Dentro do noso PDI "PALABRAS PARA ENTENDER O MUNDO" este mes está sendo moi intenso con moitas palabras sobre poesía, natureza, diversidade,...diversión, xogo e aprendizaxe.

A poesía encheu de palabras rimadas a nosa escola e tivemos un encontro especial con ANTÓN CORTIZAS, coa súa poesía, o seu bo facer co papel e os xoguetes tradicionais.




Celebramos a diversidade, que nos completa e fai mellores como sociedade, polo Día Mundial do Sindrome de DOWN, con contos, cine, xogos... Eleximos o conto O cazo de  Lorenzo para traballar nas aulas. Tamén fumos ao cine invitados polo Concellería de Cultura a ver en primicia Valentina, premiada co Goya a mellor película de animación 2022




Celebramos a Natureza  e a necesidade de coidala polo Día da Árbore e polo Día da Auga, plantamos nogueiras no parque Pernas Peón, fixemos murais e actividades que nos axudan a ver a importancia destes dous elementos para a nosa vida a través de poesías , contos e obradoiros nos que fixemos árbores con cartón.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

PARA UN VERÁN DIFERENTE

 Remata o curso, un curso cheo de diversión e de propostas moi interesantes para todos. Un curso cheo de libros de historias de conto e de c...