martes, 10 de mayo de 2022

PAISAXE EN PALABRAS

Paisaxe en palabras é o titulo do cadro que presentamos na exposición da Microrrede da Mariña. Un cadro dunha paisaxe elixida polo alumnado entre as que fotografaron nas múltiples saídas polo noso entorno natural durante todo o curso, é unha paisaxe de Viveiro onde se pode ver o mar, o pobo e o monte que da nome ao noso cole. Elaborado como un collage  e acuarelas. Despois de sacar fotos das distintas partes do corpo, dos sentidos polos que percibimos esas paisaxes que nos rodean e de pintalas con acuarelas, pasaron a formar parte da obra, como nós mesmos formamos parte do medio no que vivimos. Esas paisaxes definidas con palabras, palabras que puxeron as familias participantes a través de contos e lenda de lugares significativos que conforman as nosas paisaxes e que podedes escoitar na obra a través dos códigos QR que forman o marco da mesma.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

TECENDO INCLUSIÓN

 A nosa pretende ser unha escola plenamente inclusiva polo que unha data como o Día Internacional da Discapacidade é moi especial. Nesta dat...