domingo, 14 de mayo de 2023

ESCRIBIRARTE NA MARIÑA

 Un ano máis a exposición dos traballos dos centros que formamos a Microrrede da Mariña foi todo un éxito, non só polo público visitante, polas actividades dinamizadoras, a repercusión social na prensa, nas  bibliotecas se non tamén por inocular entre as  comunidades educativas a necesidade de traballar en colaboración e cooperación para mellorar a sociedade.

A nosa aportación foi un cadro coa parte artística feita polo alumnado e despois en familia o remataron  coas palabras agarimosas e os alcumes familiares que forman os camiños diarios das súas vidas.

Sen non poidestes disfrutar da exposición podedes ver todo o que alí aconteceu no  blog a Microrrede

MICRORREDE DA MARIÑA ( pinchade aquí)

Este curso o noso centro participou nas actividades dinamizadoras coa representación de títeres dun dos contos que máis éxito ten entre o alumnado máis novo. Foi todo un éxito de público e un orgullo de compañeiras que o fixeron marabillosamente ben.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

PRETO DE TI

 O día 2 de abril celebramos  é unha das datas máis marabillosas do curso, e aquí está a nosa biblioteca PRETO DE TI para conmemorar o DÍA I...