martes, 19 de marzo de 2024

CÓMIC, ISO QUE É?

 Ler cómic dende a biblioteca de Librín ofrece moitas posibilidades, ler imaxes é unha constante en Infantil, por iso este día resulta especial. Así hoxe a visita a biblioteca estivo chea de sorpresas, xa sabiamos cousiñas dos contos cheos de viñetas e bocadillos e agora gozamos de lecturas compartidas de cómic, novos contos na nosa bilioteca. Que tamén estarán dispoñibles para ler en familia e levar prestados.

A volta de vacacións, coa colaboración das familias, o noso cole encherase de lembranzas da nenez das nosas mamás e dos papás e de comic de onte e de hoxe.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

AS NOSAS FAVORITAS!!!

 O pasado 14 de outubro foi o DÍA DAS ESCRITORAS  e como non podia ser doutro xeito Librín deixouno nas aulas unha morea de contos das nosa...