Unha sociedade en igualdade e sen discriminación por razóns de xénero sempre será unha sociedade mellor, por iso é importante recordar cada 8 de marzo o papel das melleres na sociedade, e na nosa escola a coeducación ten un papel fundamental. Así recordamos esta data sinala cunha XORNADA DE XOGOS EN IGUALDADE na nosa biblioteca, convidando a todas as familias a participar para visibilizar a igualdade sen discriminacións e o dereito das nosas nenas a facer as súas propias eleccións de vida.
Tamén contaremos con sesións de contacontos que falan de igualdade e coñeceremos mulleres e os seus inventos que fan máis doada a vida dos nenos e das nenas.
Aquí tamén vos deixa Librín unha nova guía de lecturas moi significativ
No hay comentarios:
Publicar un comentario