martes, 4 de diciembre de 2018

POEMA POLA NON VIOLENCIA

Se queres escoitar este fermoso poema escrito pola mestra Rocío e recitado polos pequechos  e pequechas de 5 anos pincha AQUÍ

martes, 27 de noviembre de 2018

POR UN MUNDO SEN VIOLENCIA

O venres 23 de novembro recibimos o coro de CEP Lois Tobío  que, coa súa música e voces,  tentaron de recordarnos a importancia dun mundo sen violencias. Tamén as nenas e nenos de 6º recitaron una fermosa poesía, de creación propia e orixinal da mestra Rocío Fernández, como un canto pola igualdade e respeto entre homes e mulleres.
Neste día  especial tivemos a sorte de contar coa presencia da Xefa Territorial e da inspectora deste centro, as que lle agradecemos a visita, esperando que disfrutaran duns momentos moi emotivos para todas e todos.

lunes, 19 de noviembre de 2018

POLO MAGOSTO E POLO SAN MARTIÑO PEÓNS O CAMIÑO

O pasado venres día 16 celebramos o MAGOSTO con xogos, maquillaxe e visitounos a castañeira Maruxa, amiga de Librín, que nos agasallou con contos, poesía e  castañas quetiñas. Coas mestras fixemos unhas "maruxiñas" para gardar as castañas asadas e comelas con tranquilidade.












Tamén celebramos o "Día do peón" facendo uns con materiais de reciclaxe,  sacarémolos os camiños, as rúas e prazas.









domingo, 4 de noviembre de 2018

SAMAÍN: o medo non da medo, da risa

Para celebrar o Samaín as meigas e pantasmas contaron contos pero tamén tivemos cine, curtas de medo divertidas.




Asemade tamén xogamos,  dentro dun conto, nunha clase máxica chea de personaxes de medo que daban risa, na procura de pequeñas pantasmas que ían estar moi, moi ricas.










SAMAÍN 2018

O pasado mércores 31 celebramos o SAMAÍN cunha morea de actividades, coa idea de que o medo non da medo, as veces da risa. A nosa biblioteca encheuse de meigas, bruxas e curuxas,.. tamén algunha pantasma con asma que nos contaron contos de moito e de pouco medo.
   
                      
Tamén fixemos pócimas coa "Bruxa colorea"




        
  
                                                                         

   

martes, 30 de octubre de 2018

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA SAMAÍN




ORIXE DA FESTA
Hai moito tempo chegaron a Galicia os Pobos Celtas. Aos Celtas, chamáballes moito a atención todo o relacionado coa natureza: as tormentas, a chuvia, o sol, a lúa, a calor ou frío que facía nalgunhas épocas, a caídas das follas nos árbores. Celebraban catro festas ao ano que estaban relacionadas co que sucedía na natureza. Unha desas festas era O SAMAÍN, que se celebra o 1 de novembro.
No mes de novembro temos máis horas de noite que de día, a primeira noite de mes era unha noite máxica, comeza a "estación escura". Con tantas horas de escuridade acendían as caveiras para asustar aos inimigos (espíritos malos).
Aproveitando esta data e que estamos a traballar as emocións, centrámonos no medo.


jueves, 25 de octubre de 2018

POLO DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Onte, día 24 de outubro, celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, polo que recibimos  unha invitación do aniversario da nosa mascota para escoitar contos na biblioteca e asemade levamos as  casas un "colgaportas" para contarlles as nosas familias a historia do noso moucho Librín que vive na biblioteca e que nos agasalla a diario con fermosos contos e historias..





Estes mouchiños levaban unhas bonitas poesías inventadas entre todas e todos.



GUÍAS DE LECTURA PARA OLLAR E PALPAR

 Librín desexa un bo verán a toda a nosa comunidade educativa e a todas e todos os seguidores deste blog. Espera que gusten moito as lectura...