jueves, 21 de mayo de 2020

DEITANDO POESÍA , ESPERTANDO ADIVIÑAS

A poesía de hoxe fala dos astros que rixen as nosas vidas, que marcan o paso do tempo. Os dous son igualmente importantes, tamén as persoas somos importantes en igualdade, con independencia do seu xénero.

Veremos si acertades quen se agocha detrais desta voz e cal é a solución a adiviña, adivinanza.



Librín tamén deixa unha canción:




martes, 19 de mayo de 2020

ENXUGANDO POESÍA E FIANDO ADIVIÑAS

Comezamos unha nova actividade, por que lembrámonos moito das nosas nenas e nenos. Así que nesta ocasión queremos compartir  a música das palabras, A POESÍA. Algunha seguro que podedes aprendela de memoria e recitala, como o imos facer aquí as vosas mestras e Pablo.
Tamén para facelo un pouco máis divertido imos contarvos unha adiviña, algunha sinxela e outras máis difíciles. Si sabedes a solución podedes escribila abaixo, pinchando onde está o lapis.

Esperamos que vos guste moito, moito esta actividade, pero tamén esperamos que participedes dende a casa coas vosas adiviñas e/ou poesías.

A primeira é unha mestra moi especial, pero aquí parece que lle sairon manchas.



Librín deixavos unha canción:




lunes, 18 de mayo de 2020

GALEGO EN FAMILIA

As nosas familias tamén participaron activamente dende a casa na celebración das Letras Galegas, con teatro,  pasapalabra,,,,que bo facer familias!!!, seguide así.

UN  PASAPALABRA  MOI  ESPECIAL:



TEATRO EN FAMILIA, AS OUTRAS PITAS:







A CURTA DE LIBRÍN:


CIGU





DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS



Hoxe é o Día Internacional dos Museos e para celebralo podedes visitar virtualmente diferentes Museos de Galicia


HISTORIAS FANTÁSTICAS DO MUSEO DE LUGO




E se premes na seguinte enlace

poderás acceder as actividades en liña que levará a cabo o Museo de Belas Artes da Coruña para o día de hoxe.




RECOMENDACIÓNS ARTlectoras:








 VISITA VIRTUAL AO MUSEO DO PRADO




domingo, 17 de mayo de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA


Para celebrar unha festividade tan importante para todas as galegas e galegos como é o
neste difícil ano 2020, no que non teremos con nós as nosas nenas e aos nosos nenos, queremos compartir con toda a  comunidade educativa o conto de Ricardo Carballo Calero, co que iamos a traballar nas aulas "AS PITAS BAIXO A CHOIVA", unha adaptación feita con moito agarimo 




Tamén queremos compartir as pitas tan fermosas que fixestes todas e todos dende a casa





viernes, 15 de mayo de 2020

VOCES EN GALEGO

 Escoitar  voces falando galego en familia, como lle gustaría ao autor homenaxeado este ano no Día da Letras Galegas, Ricardo Carballo Calero. Para coñecelo un pouco máis aquí tedes un telexornal elaborado polas nenas e nenos do CPI Plurilingüe de Dices ( Rois- A Coruña):


E a nosa proposta de hoxe parte dun fermoso libro de imaxes encadenadas, un clásico da literatura infantil, a partir do cal podedes ir inventando tantas historias como queirades, esperamos que vos guste moito e que o poñades en práctica, seguro que o pasades moi ben.

OH!



Tamén invitámosvos a participar na proposta do Concello de Viveiro polas Letras Galegas 2020 nunha Programación Especial para Redes Sociais. Unha das actividades consiste en:
DEDUXA  A TÚA PALABRA FAVORITA DA LINGUA GALEGA
Logo podedes subila  ás redes co hashtag  #Viveirocoasletras  ou pona na túa fiestra

Librín segue invitando a enviar vídeos con  cantigas, poesías ou adiviñas. Desexa moito vervos.



A curta de hoxe é:

BUFO








miércoles, 13 de mayo de 2020

QUEREMOS GALEGO

Seguimos a nosa andaina  achegándonos o día das Letras Galegas, tentando de recordar que esta é unha celebración para por en valor o noso idioma.

Deixamósvos un adianto do que será a nosa contribución a esta celebración o vindeiro venres.



E un poema musicado do autor homenaxeado este ano Ricardo Carbalho Calero



Librín   está agardando os vosos videos con poemas, adiviñas e/ou cantigas en galego
A curta de hoxe:


UN GATO NA ÁRBORE





GUÍAS DE LECTURA PARA OLLAR E PALPAR

 Librín desexa un bo verán a toda a nosa comunidade educativa e a todas e todos os seguidores deste blog. Espera que gusten moito as lectura...