lunes, 20 de diciembre de 2021

SOLIDARIEDADE, A MELLOR PALABRA DE NADAL

 O día 20 de decembro celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA SOLIDARIEDADE HUMANA


Solidareidade é unha palabra da que nos lembramos especialmente no Nadal pero  debemos  axudar aos outros sin esperar nada a cambio durante todo o ano, pero tamén:

-escoitar aos demais.
-doar cousas materiais.
-acompañar aos nosos maiores.
-acoller animais abandonados,....

Librín  propón unha CITA A CEGAS cun conto que fala da maxía de axudar, de colaborar para conseguir un ben para todas e todos. Despois de visionar o conto poñedelle un título, deixade as vosas propostas en comentarios ( pinchando no lapis ao final desta entrada)


Tamén vos deixa un debuxo para colorear que representa a solidariedade 




O alumnado de 6º mandoulle a Librín un conto de Nadal para compartir coas compañeiras e cos compañeiros, espera que vos guste moito.



Por último unhas recomendacións lectoras para iluminar os días escuros de Nadal



con unha superproposta moi interesante para as mamás e os papás



7 comentarios:

  1. A aula do peixe globo ponlle o seguinte título:
    "Traballo en equipo"
    "Superamigos para sempre"
    "Os 3 amigos"

    ResponderEliminar
  2. A aula de Pincitas propón de títulos:
    -"Os animais que se axudaron"
    -" A escaleira dos animais"

    ResponderEliminar
  3. Os super Plumitas propoñen:
    AXUDAR UNS AOS OUTROS
    O RATO, A TOPUPA E O COELLO

    ResponderEliminar
  4. Iria (e súa irmá Carla) propoñen: XUNTOS FACEMOS MAXIA

    ResponderEliminar
  5. Parabéns Iria e Carla , que bonito título¡¡¡

    ResponderEliminar
  6. Esta mensaxe é para os nenos/as de 6ºA: GUSTOUNOS MOITO O VOSO CONTO, GRACIAS POR CONTALO MOI BEN. BICOS DE PARTE DOS VOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 6º B.

    ResponderEliminar
  7. MOITAS GRACIAS DE PARTE DE TODOS/AS NÓS!!!!FIXÉMOLO CON MOITO AGARIMO!!

    ResponderEliminar

LECTURA E FAMILIAS

 Comezamos novo ano e novo trimestre con boas novas, a nosa biblioteca ben de ser seleccionada, unha das 50 de todo Galicia, para desenvolve...