lunes, 10 de enero de 2022

LECTURA E FAMILIAS

 Comezamos novo ano e novo trimestre con boas novas, a nosa biblioteca ben de ser seleccionada, unha das 50 de todo Galicia, para desenvolver o programa LECTURA E FAMILIAS que nos permitirá realizar actividades para e con todas a comunidade educativa. 

Librín está moi pero que moi contento de que o noso proxecto fora seleccionado e espera que este programa sexa do agrado de todas e todos. De todas as propostas e actividades iremos informando puntualmente nos seguintes meses e ata rematar o curso.



Recordade que a vindeira semana retomamos o servizo de préstamos non só para as nenas e nenos tamén para todos os membros da familia. 

Neste novo trimestre Librín tamén quere comezar  cun videoconto que nos achegou unha antiga alumna e que se titula    

O SEGREDO DE FLORA


Dende aquí queremos darlle as gracias a Mariña por seguir acompañándonos e invitamos a outros antigos alumnos a que nos manden os seus contos si o desexan.

2 comentarios:

  1. GRAZAS LIBRIN XA SABES QUE ME GUSTAN MOITO OS CONTOS. UN BICO MARIÑA.

    ResponderEliminar
  2. Moitos bicos tamén para tí. Canto me alegro que che gusten tanto coma min.

    ResponderEliminar

EXPOSICIÓN, CONTACONTOS, MARCAPÁXINAS DE COMIC E RECOMENDACIÓNS

 No DÍA NO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR o noso centro encheuse de actividades:  -EXPOSICIÓN DOS COMICS DAS FAMILIAS, os que lian os nosos p...